Saltar

Un salón elegante: O moderno toque acolledor escandinavo de Therese

Deixamos que unha das nosas deseñadoras de interiores favoritas, Therese Ericsson, crease a sala dos seus soños. O resultado é unha interpretación cálida e acolledora do habitual estilo branco minimalista escandinavo. Inspírate!

Unha sala de estar cun sofá gris, unha pequena mesa de café, unha vitrinas azuis, plantas e lámpadas.
Unha sala de estar cun sofá gris, unha pequena mesa de café, unha vitrinas azuis, plantas e lámpadas.
Therese Ericsson leva traballando como estilista e deseñadora de interiores dende hai oito anos. Encántalle crear solucións intelixentes para simplificar a vida diaria. A inspiración detrás da sala dos seus soños procede da funcionalidade e a beleza. A impresión xeral é cálida, acolledora e moi persoal.

Crea unha cómoda zona de estar combinando un módulo de asento individual cunha chaiselongue. Engade un conxunto de mantas e coxíns suaves e un par de mesas para poñer libros e bebidas mentres te relaxas.

A zona do sofá é un oasis de tranquilidade con vistas á natureza e a gran mesa úsase para comer e para traballar. É un lugar social e creativo no que podo sentar e mirar pola fiestra»...

Therese Ericsson, deseñadora de interiores

Dálle un toque natural ao interior. Coloca dous ou tres grupos de plantas verdes pola sala en diferentes superficies, como nesta mesa de exterior que ten un toque industrial. Xunta varias plantas en soportes para crear un centro de mesa que poderás gozar dende todos os ángulos.

Mesmo os espazos máis pequenos (este sala só ten 29 metros cadrados) poden servir para facer moitas actividades diferentes. Cadros colgados sobre paredes de cores neutras colocadas formando un padrón gráfico. Therese puxo dúas mesas MELLTORP xuntas para crear unha grande. É un lugar multiúsos para comer, traballar, pasar tempo de calidade ou socializar. Só hai que amorear algunhas cadeiras extra preto para cando veñan visitas.

Garda recordos e mobles que signifiquen algo para ti. Desa forma crearás un espazo sostible para vivir e gozar durante moito tempo, sen preocuparte por como deberías decorar a túa casa».

Therese Ericsson, deseñadora de interiores

A sala de Therese só ten 29 metros cadrados, porén, aínda así amañou para aproveitar o espazo cunha zona de estar cómoda para sentar e relaxarse e dúas mesas para comer, traballar ou pasar o tempo.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Therese Ericsson
Fotografía: Andrea Papini
Texto: Anna Blom