Un recipiente para comida que se adapte ao teu estilo de alimentación
Os recipientes para comida aforran tempo e diñeiro e axúdannos a reducir os desperdicios alimenticios e a vixiar o que comemos.


Tanto se che gusta aproveitar as sobras como se preparas a comida unha vez á semana (albóndegas vexetarianas conxeladas ao rescate!), asegúrate de que os teus recipientes para alimentos cumpren os requisitos básicos. É dicir, recipientes aptos para a lavalouza e con tapas herméticas. Doados de limpar? Sen derramos? Si e si.
Pensa nas túas necesidades e na túa rutina. Queres separar os teus alimentos? Busca compartimentos extraíbles. Queres que as túas hortalizas se manteñan frescas e crocantes? Elixe un recipiente para ensaladas cun compartimento para o aliño. Es dos que enforna e conxela? Os colectores de cristal tamén poden usarse no forno. Usa recipientes de cores para saber o que hai dentro ou para identificar o teu. Preparados, listos, a comer!
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Geneviève Jorn / Nathalie Kamkum
Fotografía: Mårten Linton
Texto: Marissa Frayer
Deseño de interiores: Geneviève Jorn / Nathalie Kamkum
Fotografía: Mårten Linton
Texto: Marissa Frayer