Un recibidor familiar minimalista
Manter un recibidor pequeno organizado e ordenado cando hai nenos na casa pode ser un reto ENORME. Bótalle unha ollada a como organizar un espazo funcional axeitado para a familia e manter a túa alma minimalista.


Neste vestíbulo, aproveitamos todas as paredes ao máximo. Para as cousas que non queres que estean á vista, dispós de solucións de almacenaxe pechada, mentres que aquelas que queres exhibir están á man en módulos abertos. (Non te preocupes, ensinarémosche como conseguir que as solucións de almacenaxe aberta se vexan ben organizadas). Un zapateiro intelixente tamén fai as veces de asento para adultos.
Para os máis pequenos, pon estantes á súa altura para que poidan manexarse sós. As cousas máis pesadas teñen o seu sitio nas zonas máis altas, onde só pode acceder un adulto. Emprega unha grande alfombra resistente á sucidade para non deixar pasar o po (creamos unha xigante cosendo catro xuntas). Se a zona dos nenos está moi desorganizada, só tes que pechar a cortina e listo: orde instantánea.
Como se consegue que as solucións de almacenaxe aberta se vexan ben organizadas? Unha boa elección! Garda as cousas que usas a diario onde poidas velas. Os caixóns e caixas de almacenaxe con tapas achegan flexibilidade e conseguen que o vestíbulo estea sempre ordenado. Coas bandexas e cestos é moi doado encontrar o que buscas. Tes présa? Coloca os teus produtos de beleza nun escorredoiro para cubertos xunto ao espello para arranxarte rapidamente. Coloca un gancho xiratorio xunto á porta para que os convidados colguen os seus abrigos.
Garda os zapatos nun armario con portas corredizas que aforran espazo. Tamén servirá como un espazo acolledor no que poderás sentarte para quitar os zapatos. Os estantes poden montarse planos ou inclinados, o que permite adaptar a súa profundidade. Amosa as túas fotos persoais nun taboleiro perforado e engade un recipiente e un estante para gardares cousas como as chaves ou uns lentes de sol.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Elin Stierna
Fotografía: Henrik Petersson
Texto: Anna Blom
Deseño de interiores: Elin Stierna
Fotografía: Henrik Petersson
Texto: Anna Blom