Saltar

Un estudio de espazo reducido e flexible deseñado para facilitar os traslados

Mudarse pode parecer algo divertido e emocionante, pero crear un fogar que se sinta verdadeiramente como tal pode ser un auténtico desafío. Especialmente nun lugar temporal con restricións. Descubre como converter calquera espazo nun fogar, mesmo sen pintar nin furar as paredes.

Interior dun cuarto ou apartamento coas paredes baleiras. Unha cama no centro contén todo o mobiliario e o esencial dunha casa pequena.
Interior dun cuarto ou apartamento coas paredes baleiras. Unha cama no centro contén todo o mobiliario e o esencial dunha casa pequena.

A vida nun espazo pequeno acaba sendo a vida nun espazo intelixente

Non deixes que a restrición de espazo te limite. Cunha enxeñosa planificación e a axuda de mobles multifuncionais, o teu novo fogar pode ser acolledor e parecer máis grande do que é.

Sofá que aforra espazo e cama dobre nun só moble

Cando te mudas a un espazo pequeno, os mobles flexibles son clave. Como a xenialidade dunha cama encastelable. Cando necesitas máis superficie libre, é un cómodo recuncho con sofá. Cando queiras unha cama dobre pola noite, transfórmao nunha espazosa cama en cuestión de segundos.

Fai que o teu armario forme parte do teu fogar

Se che encanta a roupa, por que non a exhibes? Un colgadoiro permíteche gardala e organizala, así como exhibir as túas últimas adquisicións. Como é fácil de mover, tamén pode funcionar como separador de espazos cando o precises.

Almacena con estilo

Normalmente, canto máis sinxela é unha idea, mellor funciona. Cando non se utilicen como caixas de embalaxe, podes encastelar e personalizar estas caixas de madeira ao teu gusto. Supersimple, supereconómico e supermóbil. E ademais quedan superbén.

Da mesa do comedor ao despacho na casa, ao recuncho dos amigos e volta a empezar

Unha mesa extensible e unhas cadeiras abatibles son perfectas cando teñas que cambiar rapidamente de modo traballo a poñerlles un café aos amigos que chegan sen avisar.

Deixa que o corazón do teu fogar se volva verde

As plantas melloran o estado de ánimo e son perfectas mesmo para a cociña. Se non tes man para a xardinería ou se tes alerxia, opta por unha planta artificial. Ademais, é un xeito práctico de agochar os canos e outros elementos menos decorativos.

Cociña personalizable

Un carriño de cociña móbil que aforra espazo e contén todos os utensilios necesarios. Pode colocarse no lugar máis accesible, xa sexa xunto ao mesado ou á mesa.

Sen facer buracos, só decorar

Aínda que non poidas facer buracos, podes personalizar a túa cociña. Combina unhas grilandas LED luminosas, pinzas de roupa e fotos, e suxéitaas aos canos ou a outras instalacións. Un consello para aforrares espazo de forma sinxela pero eficaz: coloca a neveira sobre unha mesa auxiliar pequena e o contedor de reciclaxe embaixo.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Mia Gustafsson
Fotografía: Johan Månsson
Texto: Henrik Annemark