Saltar

Un espazo pequeno que funciona a todas as horas

Todo o mundo necesita un lugar para vivir que se axuste ao seu estilo de vida, e cando non tes moito espazo no cuarto, os mobles teñen que ser aínda máis prácticos. Mira como a deseñadora de interiores Frida Roos emprega o almacenamento flexible, os téxtiles e a iluminación intelixente para crear un espazo diáfano e ben pensado.

Cama vestida con roupa de estampado floral no centro dun cuarto con almacenamento e estantes nas paredes.
Cama vestida con roupa de estampado floral no centro dun cuarto con almacenamento e estantes nas paredes.

Empeza por colocar a cama con sentidiño

"Este é un cuarto para persoas que viven nun espazo limitado e que queren ter á man todo o que lles gusta", explica a deseñadora de interiores Frida Roos. Por iso colocar a cama no medio do cuarto resulta fundamental, xa que deixa moito espazo libre ao redor para poñer outros mobles, como un escritorio, detrás do cabeceiro.

Crea ambiente

A elección dos materiais e os téxtiles pode volver luminoso e diáfano ata o cuarto máis pequeno. Evita empregar moitos estampados e usa formas suaves e materiais coma o ratán ou os téxtiles naturais para transmitir harmonía", recomenda Frida. Ademais, organiza a iluminación directa, ambiental e xeral en función de como fagas uso do espazo.

Aproveita cada recuncho

Unha estrutura de cama con espazo para almacenamento debaixo permíteche acceder facilmente a almofadas, toallas, roupa de cama ou roupa de tempada. As caixas de almacenamento con tapa protexen os artigos doutra tempada do po mentres non os esteas a usar.

Non teñas medo de poñer a cama no medio do cuarto. Así deixarás moito espazo libre ao redor. Ata poderías poñer un escritorio detrás do cabeceiro".

Frida Roos

Amosa e oculta

A función do almacenamento aberto é manter á vista os artigos que che gustan e á man as cousas que utilizas acotío. Pero independentemente do organizado que estea o teu armario, ás veces has querer deixar as cousas fóra da vista. Se as portas do armario che soben moito orzamento ou se non tes espazo para as abrir, proba a colgar unha cortina diante do almacenamento aberto.

Escolle almacenamento decorativo

"Podes lograr esa aparencia con poucos cartos gardando a desorde e organizando os artigos pequenos en caixas e cestas", aconsella Frida. No armario de PAX podes usar pezas e accesorios para colgar (moi prácticos para tirar o máximo partido do espazo), ou darlle personalidade con caixas bonitas para os obxectos máis pequenos.

Consigue que os teus estantes sexan máis prácticos

Se non tes espazo para un escritorio ou toucador, por que non colocas un estante á altura axeitada? Un espello de toucador, con tarros e caixas para maquillaxe han crear un espazo de toucador no momento.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Frida Roos
Fotografía: Karl-Johan Hjertström