Como conseguir un espazo de traballo acolledor no dormitorio
Integrar un espazo de traballo no dormitorio pode parecernos un pouco contraditorio. Como mesturamos a funcionalidade e a enerxía que debe transmitir un escritorio sen perturbar o clima de relax e descanso que necesitamos no dormitorio? Como sempre, a decoración será a nosa gran aliada para manter a harmonía neste cuarto. Sigue estes consellos e verás que doado é.


O reto é o seguinte: conseguir un espazo de concentración e motivación para traballar nun cuarto que, a priori, está destinado ao descanso e á desconexión. Imposible combinalas? Verás como non!
Aínda que ter un cuarto independente na que poder traballar comodamente é o ideal de toda casa, non sempre resulta posible.
Con todo, non hai que virse abaixo porque, combinando os materiais e cores adecuados, podemos crear un perfecto (ou case) 2x1. Para demostrarcho, imos basearnos no exemplo desta fermosa casa dunha artista e debuxante.
Non te preocupes se non tes tanto espazo como o que aparece aquí. Lembra que o importante é como se mesturan todos os elementos, cores e texturas. E para iso, o tamaño (aínda que sempre axuda) non é o que máis importa.
Aire desenfadado, pero igual de funcional
Unha das cousas máis importantes á hora de integrar un escritorio no dormitorio é non perder de vista nin a funcionalidade dos obxectos nin o seu deseño. Por que o seu deseño? Moi doado, se colocamos complementos demasiado opostos ao entorno do cuarto, corremos o risco dun choque de ambientes ou que o espazo no que dormes sexa como unha oficina.
Por iso, recomendámosche que deas uns pequenos toques de personalidade á túa zona de traballo. Por exemplo, uns preciosos floreiros ou cuncas convertidos en gobeletes, unha caixa de madeira para gardar os pequenos obxectos ou unha cesta metalizada para cadernos. Calquera cousa serve. Tamén podes aproveitar para decorar as paredes con cadros, imaxes ou ilustracións que che sirvan de inspiración e te motiven.
Amoso as miñas obras de arte na parede que hai sobre a nosa cama: atenúa a liña entre a miña oficina e o noso espazo para relaxarnos".”
Margo, artista, Polonia
Non escollas a típica cadeira de traballo
Tendo presente o obxectivo inicial, o máis recomendable sería que buscases unha cadeira de oficina que se afaste un pouco da forma habitual (e que siga os tons do dormitorio). Pero ollo! Pases moitas ou poucas horas na cadeira, esta sempre debe ser o suficientemente cómoda para que as túas costas non se resintan. Encántanos o estilo, pero a saúde aínda máis. Por exemplo, Margo apostou por unha FJÄLLBERGET. "A miña cadeira é moi cómoda e tamén se adapta á decoración do noso dormitorio", confesa.
Busca a luz e a claridade
A luz natural sempre achega un extra de calidez e fai que o ambiente sexa moito máis acolledor. Así que sempre que poidas, coloca xusto diante a mesa de traballo. Neste caso, ao ter ademais os mobles en branco, semella que hai moita máis luz. Non esquezas colocar unha lámpada para iluminar esa zona concreta na que traballas cando non teñas suficiente coa luz xeral e a do exterior. A Margo inspíralle moito mirar pola fiestra: "Encántame ver o cambio das estacións mentres traballo".
Aposta polo neutro e o natural
Margo decidiu decorar o espazo con cores neutras e plantas para crear un ambiente que lle axudase a traballar e tamén a descansar. Así que xa sabes, se che gusta, combina os tons claros, as texturas naturais e dálle un toque alegre con verde. Deste xeito, o espazo non dará a sensación de estar sobrecargado.
Gústanche estes consellos? Sigue inspirándote cos nosos artigos sobre orde e decoración con ideas coma esta