Saltar

Un dormitorio de matrimonio con roupeiro incluído

Un dormitorio de matrimonio debe ser un lugar de paz, de descanso, de tranquilidade e desconexión. Pero tamén un lugar no que todo encontra o seu sitio, no que temos todo organizado e espazo para colocar todas as nosas cousas, e por suposto a nosa roupa! Por iso queremos mostrarche un chisco de inspiración a través deste dormitorio con roupeiro incluído, ademais de pequenas solucións de mobiliario, decoración e almacenaxe que o converten nun cuarto espectacular!

Esquina dun dormitorio azul escuro cunha cama dobre e testos con plantas na repisa da ventá.
Esquina dun dormitorio azul escuro cunha cama dobre e testos con plantas na repisa da ventá.

Cores calmantes e espazos despexados

O primordial en calquera dormitorio é apostar por cores que nos fagan sentir o relax necesario nesta área da casa. Neste caso utilizamos tonalidades de azul, marrón claro, branco e un amarelo mostaza que nos encanta. E é que a roupa de cama é unha das principais protagonistas de calquera dormitorio de matrimonio: é capaz de cambiar radicalmente o aspecto dun cuarto!

Por outro lado tamén é importante que os espazos estean o suficientemente despexados e ordenados para sentirnos a gusto e relaxados, sen angustias innecesarias.

E con isto non só nos referimos ás superficies, senón tamén á cama en si: contar coas suficientes solucións de almacenaxe axudaranos a non cometer a torpeza de deixar roupa, bolsos etc. tirados
enriba da cama. Despexa o teu espazo e despexarás as túas sensacións!

Gústame que a cama sexa sinxela. Creo que ten o aspecto dunha cómoda cama de hotel, pero sen tanta historia ou demasiados coxíns; é un lugar onde reconectar comigo mesma».

Marrit

Armarios para roupa e roupeiros

Se queres que o teu dormitorio manteña ese aire despexado e ordenado, aposta por mobles sinxelos que fagan tanxible esa sensación de apertura.

Neste caso utilizamos un escritorio LISABO como toucador: o seu deseño extremadamente sinxelo e estilizado encaixa perfectamente na ventá do dormitorio. O caixón é superútil á hora de gardar todas esas pequenas cousiñas que non queremos que se vexan na superficie, mentres que o tallo que acompaña á mesa é ideal á hora de metelo debaixo para que non ocupe máis sitio do necesario ou movelo dun lado para outro cando nos faga falta.

As plantas arredor do peitoril da ventá desenfocan a liña entre o dormitorio e a vista exterior chea de árbores, creando un efecto de pequeno xardín que harmoniza aínda máis, se cadra, este dormitorio de matrimonio.

Non o perdas: Como organizar a túa maquillaxe nun santiamén.

Estou a medio camiño entre un coleccionista e un minimalista, gústanme as cousas bonitas, pero necesito poder ocultar as que non estou a usar no momento para ter suficiente espazo e poder gozar das cousas que me gustan».

Marrit

Armarios para roupa e roupeiros

Se tes metros cadrados de sobra no teu cuarto, por que non ter un roupeiro? Para crealo recomendámosche os armarios PAX: personalizables dende o principio ata o final.

Podes deseñar ti mesmo o armario dos teus soños co noso planificador, elixir un dos nosos armarios PAX predeterminados ou facer combinacións de módulos ou portas PAX ao teu gusto. Ou se o prefires, tamén podes achegarte á túa tenda IKEA máis próxima para que te asesoremos e te axudemos a planificar o armario que sempre quixeches.

Personaliza o interior do teu armario

Moitas veces esquecemos a importancia de manter a orde no interior dos armarios... pensamos que pechando a porta todo está solucionado: se non se ve non está! Isto ten que cambiar.

En función de tipo de pezas, complementos e calzado que teñas, podes organizar o teu armario dunha ou outra forma. Tes moitos cintos? Unha cesta coma estas viranche xenial. Colares, pulseiras, aneis...? Un caixón/bandexa extraíble serache incriblemente útil.

Clasifica e ordena a través de cestas e caixas para que todo encontre a súa orde tras as portas do teu armario. Pensa que, ademais, no caso dos armarios PAX, podes engadirlle andeis extras se che fan falta.

Queres ver “Un espazo de traballo no dormitorio”? Eu non o perdería!

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos IKEA impiden que se poidan volver vender ou utilizar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Creado por
Decoración: Sam Grigg
Fotografía: Nato Welton
Ilustración que colga sobre a cama: Cate Adriana www.cateadriana.com
Sigue a Marrit en Instagram: @donebymyselfblog