Saltar

Un cómodo cuarto para a familia, perfecto para todos

Non é necesario renunciar ao estilo para crear un fogar onde a familia poida pasar tempo xunta e tamén onde poder gozar de tempo propio. Inspírate neste espazo moderno co catálogo IKEA 2019.

Un comedor con cadeiras multicolor ao redor dunha mesa coa superficie branca e unha combinación de almacenaxe gris/turquesa IKEA BESTÅ.
Un comedor con cadeiras multicolor ao redor dunha mesa coa superficie branca e unha combinación de almacenaxe gris/turquesa IKEA BESTÅ.

1. Elixe unha gama de cores combinada

Unhas poucas cores brillantes aquí e alí darán á túa casa un toque divertido, como unha suave alfombra de ximnasio que engade un toque de cor sen ser demasiado infantil (ademais, podes pregala para aforrar espazo). “Podes crear un estilo adulto cun toque de humor combinando algunhas cores harmoniosas con detalles atrevidos e infantís", comenta a decoradora de interiores Emma Persson Lagerberg, que imaxinou este piso xunto coa deseñadora de interiores Emma Parkinson.

2. Crea un lugar favorito flexible

"Cun sofá modular, podes crear un lugar acolledor para cando queiras estar só. Cando teñas ganas de volver socializar, simplemente volve colocar as seccións. Proba a poñer os mobles preto de fiestras abertas, a luz do sol e a natureza teñen un efecto calmante».

3. Crea o lugar de traballo para todos

«Se empregas mobles de tamaño infantil, todos se sentirán incluídos. Se sentan na súa propia cadeira de brazos clásica, os máis pequenos sentiranse como se fosen maiores».

4. Decorade xuntos

«Deixa que os teus fillos deixen a súa pegada nos espazos compartidos. Por exemplo, elixindo a súa propia cadeira de comedor. Ademais, unha cadeira do tamaño correcto fará que as comidas sexan máis cómodas para todos. Non teñas medo de mesturar distintos estilos e materiais, dende unha cadeira alta para nenos ata unha cadeira de adulto clásica, xa que a mestura achegará carácter».

5. Combina os distintos tipos de almacenaxe

«Gardar as túas cousas debería ser tan doado como sacalas. Para que isto sexa así, emprega múltiples opcións de almacenaxe personalizadas na túa casa. Podes combinar doadamente distintos estilos e tamaños en función das túas necesidades. Por exemplo, no salón, todo o mundo ten o seu lugar de almacenaxe á altura correcta, cos xoguetes dos nenos na parte inferior e os libros e revistas dos adultos máis alto».

Todas as fotos extraéronse do Catálogo IKEA 2019.