Saltar

Renova o teu salón con cambios sinxelos e baratos

Cando chega o outono e o verán semella pouco máis ca un recordo, volvemos pasar máis tempo na casa, e os plans van pasando de "fóra" a "dentro". Por iso, ao vivir este cambio de estación, é natural querermos renovar un pouco o noso fogar. Se cambias as fundas dos coxíns, engades unha pantalla de lámpada rechamante ou, simplemente, cambias a mantiña, podes conseguir un salón renovado e con estilo que siga as tendencias. Garantímosche que non é preciso gastar moito diñeiro para iso.

Vamos ver como renovar o salón no outono con cambios sinxelos e baratos. Acompáñasnos?

Fundas de coxíns: cores intensas

 

Dálle unha nova vida ao teu sofá cambiando as fundas dos coxíns. Se xa tes unha ou dúas cores favoritas, úsaas como base. Se estás perdido á hora de escoller as tonalidades que mellor combinan co teu salón nesta época do ano, invitámoste a seres un pouco máis arriscado ou arriscada con respecto ao que marca o outono.

En canto ás fundas de coxíns, propoñémosche que optes por cores intensas e vivas, a diferenza dos tons máis neutros como brancos, ocres, marróns ou terrosos, que adoitan ser máis habituais nesta época do ano. Podes usar estes tons máis outonais como base principal do teu salón: funda do sofá, alfombra, cortinas... Os coxíns axudaranche a darlle ese toque de vitalidade.

Ademais, cambiar as fundas dos coxíns é algo moi sinxelo e económico, o que che permite adaptar o teu salón ás diferentes estacións, así como ás tendencias que predominen en cada momento.

Que manta escoller para o sofá

 

Despois de renovar os coxíns, outro toque marabilloso que lle podemos engadir a este salón con aire outonal que estamos creando é unha manta nova. Busca unha manta nunha cor que pegue cos coxíns e co sofá, ou opta por un ton neutro que combine durante todo o ano. Esta temporada os grises e as cores granates ou azuis intensas son un acerto total.

En canto ao material, tes varias opcións:

  • Algodón: é un material natural suave que require poucos coidados e que se pode lavar á máquina a un máximo de 40 ºC, sen lixivia e cun tratamento normal. Ademais, todo o algodón dos nosos produtos provén de fontes sostibles, é dicir, que se recicla ou cultiva con menos consumo de auga, pesticidas e fertilizantes, o que aumenta a marxe de beneficio dos agricultores.
  • La: a la repele as manchas, é moi resistente e moi bo illante, ademais de ser moi "gustosa" para as noites de outono e inverno nas que refresca máis do que nos gustaría e temos ganas de abrigarnos no sofá.

Escolle a que máis che pegue para este outono!

Unha alfombra esponxosa e acolledora

 

Outro téxtil que podemos cambiar de maneira sinxela e económica no noso salón para o outono é a alfombra. Como diciamos ao principio, na alfombra e noutro tipo de téxtiles máis grandes que fan de "base" no noso salón, recomendámosche tons máis neutros.

En canto ás texturas e aos materiais, dependerán do resultado que queiras conseguir. Se queres un resultado cálido e acolledor que te acompañe non só no outono, senón tamén no inverno, escolle unha alfombra de pelo longo ou dun material que transmita calidez, como a la.

Se prefires unha alfombra cun material máis neutro que te acompañe non só agora, senón durante todo o ano, recomendámosche unha alfombra de fibras naturais.

Pequenos detalles de iluminación ambiente

 

Por último, non esquezas a importancia da iluminación. E non só no relativo ás lámpadas, tamén debes ter en conta a iluminación ambiental como medio para darlle un toque distinto ao noso salón a fin de adaptalo á nova temporada (con moitas menos horas de luz) e facelo moito máis acolledor.

Que toques podes engadir? Grilandas de luz, campás con tiras de luz dentro para usalas como centro de mesa, candeas... Repárteas por diferentes puntos do salón ou concéntraas nun único punto para chamar a atención nunha zona determinada, como nesta imaxe.

É outra forma moi económica de darlle un toque de calidez ao salón que te fará sentir moi a gustiño.

Se queres máis ideas para o teu salón neste outono que empeza, non perdas:

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e os cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.