Saltar

Tres maneiras de organizalo todo usando colgadoiros LURT

Velaquí tres formas diferentes en que podes usar o colgadoiro básico, económico e con ganchos, LURT. Ás veces só cómpre un pequeno empurrón para descubrirmos todas as posibilidades que teñen as cousas ao noso arredor.

Colgadoiro IKEA LURT branco con seis ganchos cun reloxo e bixutería.
Colgadoiro IKEA LURT branco con seis ganchos cun reloxo e bixutería.
1. Sorprende os teus fillos e gaña tempo pola mañá preparando a súa roupa a noite anterior e colgándoa no seu propio colgadoiro. Dálle un toque persoal colgando bolsas de deporte de cores diferentes para que poidan encontrar as súas cousas doadamente. Deixa que os máis pequenos elixan os seus ganchos favoritos!

2. Xira o colgadoiro LURT noventa graos no sentido das agullas do reloxo e terás un soporte vertical para chaves. Así podes coller as chaves ao voo cando salgas con présa. Eliximos ganchos elegantes para darlle unha aparencia moderna que se adapta a un espazo pequeno ao lado da porta principal.

3. Cústache encontrar as xoias que queres poñerte pola mañá? Proba a colocalas nun colgadoiro. Cólgaas de modo que poidas collelas dende a cama e ver o que buscas dunha ollada. Tamén podes darlle un toque persoal con calquera gancho da gama de cociña de IKEA.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Elin Stierna
Texto: Anna Blom