Saltar

Tres ideas de última hora para regalar

Se non tes tempo ou diñeiro para gastar este ano, temos tres ideas que son rápidas, doadas, accesibles e persoais. Todo o que tes que facer é poñer un pouco de amor.

Unha man colocando estrelas douradas nunha cunca negra sobre unha mesa decorada con artigos dourados e negros, pratos, bandexas e xogo de cubertos.
Unha man colocando estrelas douradas nunha cunca negra sobre unha mesa decorada con artigos dourados e negros, pratos, bandexas e xogo de cubertos.
Para novos amigos. Unha bebida gasosa ou un zume caseiro é unha opción segura. Para darlle un toque divertido, envolve a botella nunha tea por metros. Neste caso utilizamos unha mazaroca para pintar o noso estampado sobre a tea. O pano mesmo pode usarse como un camiño de mesa para a mesa de comedor dos teus amigos.

Para os amantes do chocolate. Invita os teus amigos cunha sinxela receita de chocolate. Verte chocolate fundido nalgunhas culleres. Ciscalla calquera topping para decorar, ou mestura dous tipos de chocolate. Deseguido, mete a culler nunha cunca de café ou chocolate quente.

Para o amante das tendencias. Regálalle un glamuroso kit de cea dourado que pode utilizarse nunha cita romántica. Engade unha cunca negra ou prato para equilibrar o look dramático, como fixemos aquí. O dourado tamén é perfecto para Noitevella, que está a punto de chegar.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores

Diseño de interiores: Elin Stierna
Fotografía: Daniel Wester
Texto: Jennifer Lee