Saltar

Tres ideas de decoración de fiestras para primavera

Estas ideas poden converter unha fiestra nun punto focal fresco e cheo de vida. Ademais, tamén valen para distintos tipos de fiestras e peitorís. Bótalle unha ollada e deixa que a luz entre!

Varios floreiros de vidro azul e transparentes con formas diferentes e unha cúpula de vidro IKEA BEGÅVNING no peitoril dunha fiestra.
Varios floreiros de vidro azul e transparentes con formas diferentes e unha cúpula de vidro IKEA BEGÅVNING no peitoril dunha fiestra.
1. Coloca un ramo artificial para unha vista exuberante. Sinxelamente pon un toalleiro con ventosa e colga as túas flores artificiais e grilandas favoritas. Parecerá que é primavera, mais sen esbirros. Ademais, non tes que tradear nin preocuparte por que queden murchas.

2. Exhibe a auténtica cara da primavera. A combinación de marcos, campás, floreiros e xerras de distintas formas e tamaños conforma unha composición moi atractiva. Para dar homoxeneidade a unha colección e conseguir que os elementos da natureza destaquen, emprega vidro e plástico translúcidos de tons máis claros.

3. Combina distintos tipos de cortinas para xogar coa luz e dar cor a un cuarto. Unha ou dúas cortinas finas, lixeiras, preto dunha fiestra deixan pasar a luz ao tempo que achegan privacidade. Se se coloca unha máis grosa sobre elas, conséguese reducir o nivel de iluminación do cuarto. Para cambialas de forma doada, podes colocar o sistema de guíaa de cortina múltiple..

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Nathalie Kamkum
Fotografía: Daniel Hertzell/Andrea Papini
Texto: Marissa Frayer