Saltar

Volta ao cole: 4 escritorios para nenos

A volta ao cole é un dos momentos máis especiais do ano: empeza un curso novo, os nervios por volver encontrarse cos amigos, estrear o material, coñecer profes novos... Para os nenos, este momento sempre é motivo de nervios e ilusión, incluso aínda que os primeiros días sexan un pouco complicados, sobre todo para os máis pequeniños.

Por iso, queremos mostrarche 4 escritorios para nenos pequenos, de entre 4 e 8 anos. Como verás, algúns están máis destinados ao debuxo e á creatividade, mentres que outros xa empezan a estar pensados para os seus primeiros deberes na casa, coma esta coqueta zona de estudo da nosa imaxe de portada. Deste xeito, acostumaranse desde pequeniños a ter unha zona para os seus lapis ou libros.

Feliz volta ao cole!

Mesa de debuxo para nenos

 

Á maioría dos nenos encántalles debuxar. E é marabilloso potenciar esa actividade! O debuxo facilita a comunicación dos nenos cos maiores, axúdalles a expresarse e relaxarse, ao seu desenvolvemento emocional e cognitivo... Por iso nos parece unha idea marabillosa preparar un recuncho así no seu cuarto de cara á volta ao cole, especialmente pensado para nenos e nenas de entre 3 e 6 anos.

Neste caso en concreto, implantamos todos estes tips para conseguir este espazo tan acolledor e práctico ao mesmo tempo:

  • Botamos man de texturas naturais e tons neutros como base para dar un toque artístico.
  • Escollemos un escritorio e unha cadeira en madeira clara para que destaquen fronte á parede de encerado de cor negra.
  • Engadimos un toque de enerxía cun par de cores brillantes.
  • Unha colorida alfombra cun padrón en zigzag completa o look.

A miña primeira mesa de deberes

 

Cando os nenos xa son un pouquiño máis maiores, precisan ter un espazo de estudio no que facer os deberes todas as tardes. Por iso debemos proporcionarlles unha mesa que se adapte a eles, así como unha cadeira un pouquiño máis profesional e cómoda, porque van pasar máis tempo sentados e precisamos que apoien ben as costas. É fundamental que teñan unha postura correcta ao sentarse desde ben pequenos.

Se queres un espazo coma o da nosa imaxe ou semellante, recomendámosche que optes por unha cor neutra coma o branco para os mobles máis grandes e que engadas unha alfombra monocromática que destaque para marcar o espazo (esta STOCKHOLM é de la resistente á sucidade e é moi fácil de limpar coa aspiradora).

Uns toques nun ton pastel empoado suavizarán o look e daranlle ese toque infantil que é interesante que siga presente aínda, porque seguen sendo nen@s. Apostamos por tons rosas e madeira clara, pero podes escoller os que máis che gusten ou, mellor aínda, os que máis lle gusten ao teu fillo ou filla.

Se queres máis ideas de cuartos de estudo ou escritorios para nenos, non perdas este vídeo:

Zona de estudo temática.

 

Animais, coches, o espazo, algunha serie de debuxos... Seguro que a persoíña máis pequena da casa sente predilección por algunha temática en concreto. Entón, por que non trasladar iso que tanto lle gusta á zona de estudo? Desta maneira, asociará o momento de estudar e facer os deberes con algo que lle gusta.

Neste caso, deixámonos inspirar por esta tendencia espacial e usamos tons azul escuro en contraste co branco para recrear o universo. Para intensificar esta temática celestial, pintamos pequenas estrelas na parede e engadimos algúns planetas (son lámpadas de papel de arroz normais). Quedou fermosa, verdade?

Un espazo de estudo infantil ao que non lle falta detalle

 

Cerramos a nosa inspiración de zonas de escritorio para nenos coa máis completa de todas: non lle falta nin o máis mínimo detalle! Este exemplo recórdanos a importancia da orde e da almacenaxe nunha zona de debuxo, xogo e estudo infantil, onde é primordial contar con estantes e caixas.

Por outro lado, podes complementar esta área dedicada ao teu pequeno e ao seu crecemento persoal cun encerado para que debuxe ou apunte o que lle apeteza, a iluminación adecuada para o ambiente en xeral e a mesa en particular, así como pequenos toques de decoración cos seus xoguetes e peluches favoritos.

Se queres máis ideas para a volta ao cole e escritorios infantís, non perdas:

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.