Trucos rápidos para aforrar enerxía no teu fogar
Hai moitos elementos do teu fogar que teñen un impacto directo no consumo de enerxía e, polo tanto, nas facturas. Por sorte, hai moitas opcións para aforrar enerxía e podes aplicar medidas moi sinxelas para usar a enerxía dunha maneira máis intelixente. Sobra dicir que seguramente isto tamén che axude a pagar menos.

Consellos para aforrar enerxía coa iluminación

- Páxina de información do produto
Elixe lámpadas LED
As lámpadas LED máis modernas son máis eficaces e duradeiras que nunca, así que non terás que cambialas tan a miúdo.

- Páxina de información do produto
Acende a luz só cando sexa necesario
Cun sensor de movemento, as luces acenderanse automaticamente así que se detecte movemento. Deste xeito, terás luz cando a necesites e apagarase automaticamente cando xa non faia falta tela acesa.

- Páxina de información do produto
Reduce o consumo de enerxía con reguladores e temporizadores
Podes utilizar produtos intelixentes como reguladores, temporizadores e sensores de movemento para axustar o nivel de luz ou para apagar as lámpadas a unha hora determinada.
Consellos para aforrar enerxía coa calefacción e o aire acondicionado

- Páxina de información do produto
Illa as fiestras
Combina unhas cortinas máis grosas con outras máis finas e un estor, e ábreo e péchao todo cando sexa oportuno para regular a temperatura do cuarto. Así, evitarás as correntes de aire en inverno e a calor en verán.

- Páxina de información do produto
Illa o chan
A calor pode disiparse polo chan, sobre todo se non hai alfombras nin nada que o cubra. Coloca alfombras para illar aínda máis o cuarto e quentar tanto o espazo como os teus pés. Canto máis grosa sexa a alfombra, mellor.

- Páxina de información do produto
Abrígate ben cando baixen as temperaturas
Envólvete cunha manta cando esteas en casa intentando relaxarte. Tamén podes poñer unha manta na cama para durmir mellor pola noite. Se a cama está quentiña, non che fará falta tocar o termóstato.
Un día a día sostible
Levar un estilo de vida máis saudable é posible para todas as persoas. Descubre como.

- Páxina de información do produto
Tenda de vida sostible
Descubre o noso catálogo de produtos pensado para vivir de forma máis sostible.
Zona de reciclaxe
Sabías que nas nosas tendas temos habilitada unha zona para reciclar todo o que xa non precisas e asegurarte de que ten un bo destino? Visita a túa tenda IKEA e infórmate sobre todos os produtos que podemos recoller e xestionar de forma axeitada.