Pequenos consellos para alongar a vida dos teus mobles
Nos próximos anos, poderás reparar, restaurar, reutilizar, revender ou reciclar todos os produtos IKEA, ou darlles un novo uso. Hoxe en día, tamén existen solucións sinxelas para alongar a vida dos teus mobles e conservar o seu valor, o que che permite renovar ou cambiar o teu fogar sen gastar unha cantidade de diñeiro moi grande.

Consellos para alongar a vida dos teus mobles
Dálle un toque novo aos teus mobles
A miúdo, podes renovar mobles en bo estado por pouco diñeiro ou esforzo. Pode que o teu sofá teña fundas que se poidan cambiar e lavar, ou que os teus mobles de madeira só necesiten unha man de pintura ou verniz e poidas seguir utilizándoos durante anos.
Se podes, arránxao
Unha pequena reparación ou axuste pode ser todo o que precisas para que unha cadeira, unha mesa ou un sofá cambaleante volvan ser funcionais. Se necesitas pezas de reposto pequenas para os teus produtos IKEA, podes pedilas en liña. Así, aforras o custo e o esforzo de substituír o moble.
Aceita a madeira
Unha táboa de cortar de madeira coidada pode durar anos. Se aplicas aceite de cando en vez á madeira, evitarás que saian gretas e que se deforme e, polo tanto, non terás que mercar un artigo novo. As túas cousas durarán máis tempo e aforrarás diñeiro.
Protexe o chan
Os protectores adhesivos para o chan axudaranche a que o chan estea como novo durante máis tempo, xa que evitarán as marcas e as rabuñaduras que os mobles deixan nel. Colócanse firmemente e sen complicacións nas patas das cadeiras e da mesa.
Un día a día sostible
Levar un estilo de vida máis saudable é posible para todas as persoas. Descubre como.

- Páxina de información do produto
Tenda de vida sostible
Descubre o noso catálogo de produtos pensado para vivir de forma máis sostible.
Zona de reciclaxe
Sabías que nas nosas tendas temos habilitada unha zona para reciclar todo o que xa non precisas e asegurarte de que ten un bo destino? Visita a túa tenda IKEA e infórmate sobre todos os produtos que podemos recoller e xestionar de forma axeitada.