Ideas e consellos para levar unha vida máis sostible
Normalmente, as pequenas cousas da vida son as que marcan a diferenza. Estamos aquí para axudarche con produtos e solucións que poidan ter un impacto no teu fogar e aló onde te sintas como na casa. Porque, cando facemos algo, podemos cambialo todo.
Elixe mellor os alimentos
Escolle ben os alimentos para marcar a diferenza: desde alimentos de orixe vexetal ata produtos certificados de fontes responsables. Descubre máis alternativas para comer dun xeito máis sostible.
Xera menos residuos
Por pouco que sexa, sempre se xera algo de lixo. Porén, hai opcións moi sinxelas para reutilizar as cousas e reducir os residuos en casa.
Cóidao durante máis tempo
Cada vez hai máis oportunidades para reutilizar, reparar, revender e reciclar os produtos, ou para darlles un novo uso. Descubre algunhas recomendacións para que os teus mobles duren máis tempo.
Consume menos enerxía
Hai moitos elementos do teu fogar que teñen un impacto directo no consumo de enerxía. Se queres aforrar enerxía en casa, presta atención aos nosos consellos.
Aforra auga
Con só revisar os teus hábitos domésticos, poderías aforrar moitos litros de auga cada día, un ben moi valioso actualmente. Bótalles unha ollada ás nosas solucións intelixentes para aforrar auga en casa.
Un día a día máis sostible
Levar un estilo de vida máis saudable é posible para todas as persoas. Descubre como.
Tenda de vida sostible
Descubre o noso catálogo de produtos para mellorar o día a día.
Zona de reciclaxe
Sabías que nas nosas tendas temos habilitada unha zona para reciclar todo o que xa non precisas e asegurarte de que ten un bo destino? Visita a túa tenda IKEA e infórmate sobre todos os produtos que podemos recoller e xestionar de forma axeitada.