Saltar

Tendencia folk

O tradicional nunca pasa de moda. Este outono/inverno a túa casa encherase de contrastes e estampados folk. 

Cores vibrantes

No inverno, pasamos máis tempo en casa. Gústanos aniñarnos no sofá cunha manta e facer maratóns de pelis ou series. Por iso, tes que preparar o teu fogar para pasar tempo nel. Pono á moda, engadindo algún toque en tons rechamantes como o azul ou o vermello. A maioría dos nosos sofás son  desenfundables polo que podes facerche cunha funda de sofá extra e facer que  stu salón pareza outro.

Estampados escandinavos

Os países escandinavos teñen unha longa tradición na confección de téxtiles. Os seus deseños caracterízanse por utilizar cores saturadas como o vermello e o azul, e pola combinación de patróns xeométricos con motivos florais ou animais.

En IKEA traémosche téxtiles con estampados escandinavos para vestir o teu fogar este inverno.


Coordina os téxtiles do teu dormitorio

A decoración ten efectos positivos na saúde. Un ambiente  caotico e desordenado pode chegar a provocar tensión, e non queremos que iso ocorra así que toma nota.

Non che fai falta ter unha cabana no bosque para recrear unha habitación de ilusión. Utiliza madeiras en tons claros e combínao con nosas fundas de tendencia. Achega calidez cunha  lamparita de noite e non quererás saír da túa habitación.

Bota unha ollada aos nosos novos coxíns bordados. Os seus estampados nunca pasan de moda.


A tendencia folk tamén chega ao baño. Dálle un toque colorido e chea de vitalidade esta estancia do teu fogar para que os teus mañás sexan máis alegres.

Se non queres gastar moito renovando a decoración do teu fogar podes probar a cambiar os téxtiles. Por exemplo, a cortina da ducha ou as toallas. O teu baño parecerá outro.

Todos os produtos desta tendencia