Tendencias de decoración outono-inverno 2019: os 5 segredos para estar á última no teu fogar
Achégase o inverno e estamos desexando que coñezas as tendencias que marcarán esta época nos nosos fogares. Queres un adianto? Contámosche os 5 básicos que farán que a túa casa estea sempre á última en decoración. Podes decantarte por un ou facer as túas propias combinacións.
Non os perdas!


Vermello e azul: as cores top
Comezamos esta lista de tendencias de decoración outono-inverno coas cores estrela. Este outono-inverno as cores escandinavas cóanse na nosa decoración e vístena de tons vermellos, azuis e brancos. Estas cores, combinadas con madeira clara, consigue un estilo folk moderno espectacular, perfecto para darlle un toque moi vivo á nosa casa este inverno.
Axúdate dos téxtiles e xoga con coleccións como SKOGSKORN ou STJÄRNTULPAN. Así que xa sabes, enche a túa casa de cores vivas, estampados e bordados. Sigamos con máis tendencias de decoración!
Gris: Un clásico que non pasa de moda
Esta cor sempre consegue formar parte das tendencias de decoración de inverno do ano. E é que é unha cor tan versátil que resulta case imposible non tela en cota durante esta estación.
O gris é o punto perfecto para conseguir un aspecto invernal e acolledor. Podes combinalo de diferentes formas, con tons suaves e luminosos, como o branco ou madeiras claras ou con cores como os que comentamos no punto anterior. Elixe o estilo que máis che guste, pero sempre cun toque gris.
Texturas de veludo e pana
As texturas xogan un papel fundamental nas tendencias de decoración de outono-inverno. Tecidos como a pana ou o veludo foron outro dos grandes clásicos en épocas de máis frescor, e a verdade é que, alén de fornecer un aspecto moi acolledor e cálido ás nosas casas, non deixan de ser bastante elegantes. Por iso mesmos, volven ser tendencia no fogar. Podes engadilo como un pequeno toque con coxíns, unha manta ou levalo directamente ó teu sofá.
Materiais naturais
Os materiais naturais como o vimbio, o esparto ou o ratán, entre outros, son perfectos para calquera estación, mesmo en inverno. Combinando cos téxtiles axeitados, os materiais naturais son o todo terreo por excelencia.
Todos estes materiais nos dan texturas máis grosas e robustas, e sempre cunha gran personalidade. O mellor de todo é que este material se pode integrar en calquera estancia, xa sexa a grande escala como cunha mesa de madeira, unha alfombra de esparto ou unha lámpada de vimbio, ou con pequenos detalles como un mantel individual, un soporte para testo, ou un repousapés.
Tecnoloxía intelixente
Se hai algo que cada vez está adquirindo unha maior presenza nos nosos fogares é o uso da tecnoloxía e, sen dúbida, tamén serán tendencia de decoración este outono-inverno. Pero non de calquera forma.
E é que esta tecnoloxía cada vez é máis sutil e sofisticada, todo para que o noso fogar sexa cada vez máis intelixente, pero sen acabar friamente robotizado. Altofalantes wifi nunha lámpada (como a nosa colección SYMFONISK), cargadores sen fíos con liñas elegantes (como LIVBOJ), flexos con carga (como RIGGAD), iluminación intelixente e personalizable... As opcións multiplícanse.
Se che gustou este artigo e queres estar á última en tendencias de decoración do momento, bótalle unha ollada á nosa sección especial.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.