Tendencias de decoración 2019 para o teu salón
Agora que o verán e as vacacións parecen algo afastado, é o momento perfecto de poñer ao día a nosa casa con novas cores, materiais, texturas e padróns que encontrarás no catálogo IKEA 2019. Tes gana de ver as novas tendencias en decoración desta tempada? Predominan as liñas rectas, a madeira, as fibras naturais, os estampados nos téxtiles, así como outros materiais menos convencionais como a cerámica ou o latón. Apunta as nosas ideas de decoración para cambiar o teu fogar despois do verán!


Ideas para crear un salón cómodo e cálido
Coa nova tempada, o outono e a dura despedida do verán, chega o momento de relaxarse, de encontrar de novo o noso espazo especial no salón. Ese salón que abandonamos un pouquiño estes meses nos que pasamos máis tempo fóra que dentro de casa.
Deixa que o teu salón sexa de novo o teu santuario, un lugar no que relaxarte. É o momento de pensar nun mobiliario con menos elementos que te axude a crear un espazo relaxante. Ademais, a mestura de diferentes materiais e acabados achega comodidade tanto en aparencia coma en sensacións.
Tendencias 2019: madeira, cerámica e fibras naturais
A simplicidade é unha opción do máis efectiva e recomendable. Cando contamos con poucos elementos e mobiliario nun cuarto, os detalles rematan por xogar un papel máis importante para o estilo en xeral.
Apostamos pola decoración minimalista, as formas redondeadas, a madeira clara, a cerámica e as fibras naturais en cores neutras e pastel. Todos estes elementos combínanse para crear unha expresión decorativa unificada e forte.
Mobles con liñas finas
Os mobles de deseño minimalista con liñas finas, como este estante, engaden lixeireza ao espazo. Ademais, intenta non recargar demasiado os seus diferentes andeis para seguir enfocado nese efecto apracible e relaxante que queres conseguir.
Este tipo de mobles recórdannos a importancia de que permitas, sempre que poidas, que a luz do día chegue a cada recanto do teu fogar.
Simplicidade e sensación de espazo
Esta tempada esforzámonos e apostamos pola simplicidade, a tranquilidade e a harmonía. Aquí combinamos padróns suaves e texturas para lograr exactamente esa sensación. Liberar os nosos mobles de complementos e decoración innecesaria tamén é do máis recomendable para conseguir este resultado, ademais de dotar de amplitude aos distintos cuartos.
Padróns, formas redondas e latón como material
Encontrámonos tamén padróns gráficos e simplistas: bloques, puntos, terrazo de mosaico e formas redondeadas que se acentúan. Non temas mesturalos entre eles, dende os máis tradicionais aos máis modernos, tanto en forma coma en material. Compleméntanse á perfección!
Deixa que os téxtiles flúan e agreguen volume
Os téxtiles que colgan crean un ambiente do máis agradable. Pero non só nun sentido decorativo, tamén para funcións moito máis prácticas: a combinación de capas de cortinas transparentes e grosas permíteche controlar a luz e a temperatura dun cuarto de xeito efectivo.