Tendencia de decoración: este inverno apúntate ao veludo
A tendencia de decoración do veludo chegou pisando forte esta tempada 2018/2019. Queres saber como decorar a túa casa con veludo?


Como di unha das nosas deseñadoras: "o veludo é capaz de captar a luz de tal xeito que pode facer que unha superficie plana cobre vida". O veludo é tendencia dentro do noso fogar durante esta tempada por moitos motivos: polo incriblemente acolledores que fai os espazos, pola calidez, pola elegancia. A moitos pareceralles un material cun estilo un tanto clásico, mesmo anticuado, pero crenos se che dicimos que se poden conseguir estancias do máis modernas e actuais grazas á decoración e incluso mobiliario como sofás de veludo. Queres velo? Vaiche sorprender...
Un sofá que te abraza como ningún outro
Para o último sofá STOCKHOLM traballamos cun veludo cuxo resultado vese simplemente espectacular. Eliximos este material polo seu ambiente acolledor, porque é un sofá para toda a familia e practicamente para calquera tipo de salón.
Ademais, normalmente adoitamos pensar que o veludo non é un material demasiado resistente, cando para nada é así. Se coidamos este sofá como o fariamos con calquera outro, teremos un sofá que nos durará como novo durante anos.
Queres uns sinxelos consellos para manter o veludo brillante e impoluto?
- Comeza por protexelo da luz directa, do sol e da calor máis forte, xa que estes factores son os seus principais inimigos.
- Igualmente, evita beber sentado nun sofá de veludo porque se cae a bebida pode estragalo (como tamén sucede con outros materiais).
- Para darlle brillo, faino con vapor. Colle unha máquina que expulse vapor e pásaa, pouquiño a pouco, por todo o sofá (sempre na dirección do pelo). Despois, pásalle un cepilliño suave para acabar de deixalo como novo!
En IKEA usamos un veludo aínda máis sostible
Sabías que fai séculos o veludo se producía como un tecido de alta gama con fibras de seda? Agora é un material que calquera de nós podemos ter na casa de xeito accesible.
Ademais, en IKEA usamos unha mestura de algodón e veludo que resulta aínda máis accesible e sostible que o resto. Así que é máis fácil que nunca facernos polo menos con pequenos complementos para a nosa casa, como coxíns.
E, ollo! Porque aínda que pareza mentira, o veludo encaixa perfectamente con materiais máis duros e bastos como o metal e a madeira. Xuntos conseguen unha combinación do máis interesante.
A incrible profundidade que achegan as súas cores
Azul anil, amarelo ocre, carmesí... Encántanos como queda a espectacular paleta de cores desta tempada reflectida no veludo.
A profundidade e a variedade de tonalidades dunha cor que achega un mesmo elemento teñen que ver coa construción da tea: as fibras entrelázanse entre dúas capas e córtanse no centro para obter un pelo curto e denso, cun brillo reflector que é o que consegue esa variedade de tonalidades nunha mesma cor.
Tanto é así que esta butaca parécenos o mellor exemplo: en si mesma é a protagonista do espazo grazas non só ao seu deseño, senón tamén ao seu acabado e á súa cor tan particular. Non precisa nada máis!
Máis aló da estética, o veludo ten outras moitas calidades
O veludo é moito máis que unha mera estética. É moito máis que un salón ou un dormitorio bonito. Tamén nos serve para abrigar a nosa casa nos meses máis fríos do ano.
Xa que cando se emprega para cortinas, este tecido tan denso proporciona unhas calidades de illamento térmico que practicamente ningún outro material consegue, así como unha mellor privacidade e illamento acústico.
No caso dos sofás, butacas ou coxíns, asegurámosche que nunca te sentirás tan cómodo e abrigado como co veludo, sendo ideal para casas en zonas frías.
Anímaste a introducir algo de veludo na casa esta tempada?
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou utilizar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.