Cor do ano 2025
Cando falamos de tendencias da cor, o primeiro que se nos vén á cabeza é PANTONE, e é que é a linguaxe universal da cor dos deseñadores, as marcas e os fabricantes. PANTONE selecciona unha cor cada ano que reflicte o desexo colectivo global. A cor do ano 2025 é o Mocha Mousse.





- Páxina de información do produto
“Esta cor ten unha cálida tonalidade marrón asociada á deliciosa calidade do cacao, o chocolate e o café, polo que apela o noso desexo de benestar.”
PANTONE
“A constante procura da harmonía impregna todos os aspectos da nosa vida, mesmo as nosas relacións, o noso traballo, os nosos vencellos e o espazo natural que nos arrodea. A harmonía achega sentimentos de satisfacción, inspira un estado positivo de paz interior, calma e equilibrio, e sintoniza co mundo que nos rodea. A harmonía abarca unha cultura de conexión e unidade, así como a síntese do noso benestar mental, espiritual e físico.”
PANTONE

- Páxina de información do produto
Decora o teu fogar coa cor do ano
PANTONE xa declarou a nova cor do ano: Mocha Mousse asegura un 2025 elegante e cálido. Descubre como aplicalo no fogar coa axuda de Manuel Delgado, deseñador de interiores de IKEA.





























