Xogar e xogar
Cecilia vive coa súa familia nunha pequena vila no sur de Suecia e a súa paixón é xogar. Non só por brincar, tamén para fomentar a creatividade e aprender valiosas leccións da vida. Por exemplo, saber que está ben ter normas, mais que, ás veces, tamén é bo incumplilas para innovar e crear algo novo.

Con tres pequenos de diferentes idades, esta familia ten moitos xoguetes, o que significa que necesitan moitas solucións de almacenamento. Cecilia quere que os seus fillos sintan a liberdade de xogaren onde e cando quixeren e gusta das solucións de almacenamento que permiten mover os xoguetes pola casa.

Aquí para os nenos é moi fácil decidir
cando brincar, algo que adoita ocorrer con frecuencia. Isto significa gardar unha cantidade enorme de xoguetes, como bonecas e casas de bonecas, animais de peluche, xogos de mesa, coches, trens, etc. Ademais hai que encontrar a maneira de mover facilmente estes xoguetes por toda a casa.
Ter os xoguetes en orde en caixas etiquetadas é fundamental. Deste xeito, poderás encontrar facilmente o que buscas, levar os xoguetes onde queiras e ordenalos ao teu gusto. Ademais, con caixas para separar os diferentes xoguetes e pasatempos poderás limpar o dormitorio moi facilmente. E cando os xoguetes estean na caixa correspondente, é tan fácil como comezar a xogar de novo.
A combinación de almacenamento TROFAST con caixas é máis ca unha solución resistente. Cun pouco de creatividade, tamén se pode converter nunha casa de bonecas. Fai teitos con cartón reciclado (como os paquetes planos de IKEA nos que veñen os mobles) e algunhas bandeiras con papel e corda, e a xogar. É unha maneira divertida e enxeñosa de dar carta branca á creatividade e gozar de máis xoguetes sen ter que os mercar.
No dormitorio dos cativos, crear un lugar completamente consagrado á creatividade pode ser moi inspirador, con escritorios, mobles pequenos e solucións que animen os nenos a ler, estudar, debuxar, crear, xogar e soñar. Un espazo divertido e cómodo onde os nenos poidan usar a súa imaxinación libremente. Detalles sinxelos poden supoñer unha gran diferencia á hora de manter as cousas en orde, como unha asa no lateral para que os nenos penduren a mochila ou un andel para poñer os libros.