Unha alma multicolor
O deseñador David Cadaval Monge sente unha gran paixón pola pintura. Encántalle expresarse a través do papel, o lenzo, o ordenador e incluso mediante pratos ou pezas de roupa. A pintura, ademais de ser o seu método favorito para relaxarse, faille experimentar un amplo abanico de emocións difíciles de expresar con palabras. Cando pinta, séntese feliz, realizado e seguro de si mesmo.

Para converter o seu estudio nunha sala de exposicións onde mostrar as súas obras e gardar pinturas, pinceis, lenzos, cadernos e demais utensilios, necesita varias solucións de almacenaxe.

Espazo onde ocorre a maxia
IKEA ofrece múltiples solucións para satisfacer as necesidades de almacenaxe de David, como o carriño TROTTEN, que dispón de compartimentos moi espazosos onde gardar todo o seu material. O estante aberto PLATSA é un lugar perfecto onde colocar as súas caixas e expoñer todo tipo de decoracións, posto que é estreito e encaixa perfectamente en espazos pequenos. As caixas KUGGIS son ideais para organizar as súas pinturas e, para lograr unha maior eficiencia, poden etiquetarse por cores con clips de cortinas RIKTIG. As caixas TROFAST pódense encastelar e son ideais para gardar papeis e utensilios de pintura.
O andel para cadros MOSSLANDA pode usarse como cabalete ou para gardar as cores máis usadas. Os soportes para pratos OSTBIT poden albergar marcos e lenzos, de xeito que estean máis accesibles. A cadeira xiratoria ELDBERGET ofrece comodidade e liberdade de movemento durante todo o proceso creativo. Por último, o protector KOLON axúdate a protexer o chan de posibles manchas de pintura.
Con estas solucións, David pode crear un estudio organizado e inspirador onde soltar as rendas da súa paixón pola pintura.