Saltar

Experta no tinguido orgánico con nós

Audrey vive en Brooklyn e é colorista e artesá experta en tinguidos. Prepara as súas propias tinturas a partir de ingredientes naturais, procedentes do seu día a día, viaxes e excursións ao mar. Audrey recolle os pigmentos orgánicos da natureza e, deseguido, cobre unha pota fervendo con todo o que poidas imaxinar, desde argazo, tinta de lura e plancto, ata flores, arxila e terra. Grazas a estas tinturas naturais, Audrey crea obras de arte, pezas de roupa e adobíos de cores.

Unha muller inclinada sobre un escritorio cheo de botes de vidro e flores. Está a utilizar unha brocha para tinguir un anaco de tea de cor rosa.

Durante o seu proceso artístico, necesita un bo estudio de arte para preparar, secar e preservar os seus pigmentos, un lugar para aplicar a técnica do tinguido con nós e espazo para enxugar as teas terminadas.

Unha mesa vista desde arriba con recipientes con materiais naturais para elaborar pigmentos, como cogomelos amarelos, flores rosas, arandos, pedras marróns e argazos verdes.

No seu estudio de arte na casa,

Audrey creou un espazo de traballo inspirador para facer tinguiduras, crear obras de arte tinguidas con nós e gardar todo, desde pigmentos e materiais naturais ata utensilios, teas en cru, olas e produtos téxtiles acabados.

Os pigmentos naturais fortes están deseñados para tinguir, polo que é máis seguro mantelos en botes de vidro etiquetados. Deste xeito podes ver a paleta de cores e utilizar a tinguidura coa que realmente queres tinguir. É aconsellable etiquetar cada pigmento co material co que se elaborou e a data de elaboración. Os estantes de aceiro inoxidable, como OMAR, son duradeiros e resistentes á corrosión, polo que son a opción ideal á hora de utilizar líquidos. Ademais, son doados de limpar. 

Para facer obras de arte, unha mesa robusta e grande é ideal para aplicar a técnica do tinguido con nós ou para calquera outro proxecto ou pasatempo. Utiliza un mantel para protexela da pintura e das manchas, de modo que poidas centrar toda a túa enerxía en completar o proxecto.

Despois de pintar os artigos téxtiles, necesitarás un lugar para estes secaren. Usa un burro para roupa RIGGA onde pendurar e secar as pezas e os artigos téxtiles tinguidos. Non esquezas colocar un cartón ou unha bolsa de plástico debaixo para as pingas da tinguidura non mancharen o chan.

Solucións de almacenamento naturais para a arte orgánica

Consonte o tema orgánico do mar e a natureza, utiliza cestos FLÅDIS de xunco tinguido á man para gardar artigos téxtiles e pezas tinguidas rematadas. Os botes de vidro KORKEN son ideais para preservar os pigmentos naturais. A placa portátil TILLREDA é perfecta sempre que for necesaria unha placa adicional para o proceso de tinguidura.