Saltar

A fotógrafa lírica

Lee é unha fotógrafa chinesa que vive en Estocolmo. O seu traballo fotográfico está inspirado na música, a poesía e as conversas que ten con persoas que coñece nas súas viaxes. Lee adora editar as súas fotos ao son da música e deixar que os tons e ritmos inflúan no seu proceso creativo.

Unha muller sentada ó aire libre sobre unha pedra grande e lisa, cun ceo azul detrás dela.

A fotografía require moito material e Lee precisa moitas solucións prácticas de almacenamento para organizar o seu equipo fotográfico e o de música, artigos básicos de viaxe e unha ampla colección de libros e revistas de fotografía.

Unha muller con lentes de sol de pé nun campo de herba cargando cun trípode ao ombro.

Un equipo fotográfico ocupa espazo,

por iso é importante ter un bo sistema de caixas de almacenamento con etiquetas, porque así poderás gardar e encontrar facilmente o que buscas. Utiliza caixas máis grandes e transparentes para gardar cámaras e caixas de papel máis pequenas (con etiquetas onde se poida escribir) para ter á man obxectivos, cables e tarxetas de memoria. A unha persoa que faga fotografía tamén lle vai moi ben un carriño no que ter todo o equipo ben ordenado e á man, independentemente de onde estea. Podes levalo onde queiras e poderás quitar sen problema algún dos compartimentos cando che cumpra espazo para artigos máis grandes. Ponlle algúns ganchos no lateral para pendurar trípodes e cables.

Se o teu é a fotografía, tamén che gustará ensinar as túas cámaras. Os andeis abertos permiten exhibir as túas cámaras favoritas (e o equipo fotográfico antigo) e os complementos adicionais ofrecen o espazo de almacenamento pechado necesario para as cousas que prefires agochar.

A música é unha parte importante do proceso creativo de Lee. Cun altofalante portátil ENEBY que poidas pendurar na parede e un conxunto de marcos con altofalantes wifi SYMFONISK, xa podes deixar a música fluír en todas as pezas da casa e, ás veces, tamén nalgún que outro podcast sobre fotografía.

Un pequeno estudio fotográfico

Un carriño permíteche ter o equipo fotográfico en orde e á man, esteas onde estiveres. Cuns ganchos adicionais tamén poderás pendurar trípodes e cables. As caixas de todos os tamaños son perfectas para todo, desde obxectivos grandes ata tarxetas de memoria pequenas. E non esquezas enmarcar as túas obras mestras ao rematar.