A estilista floral
Laura, unha talentosa florista italiana, aprendeu a apreciar a beleza da natureza xa dende cativa. Ao medrar rodeada dunha pintoresca paisaxe boscosa, as súas obras inspíranse no mundo natural. Os seus deseños florais baséanse na sostibilidade. Con cada creación, procura minimizar os residuos e maximizar o uso de materiais naturais.

En palabras de Laura: "No meu estudio uso o que a natureza no precisa". Para os seus arranxos, pasea na busca de pólas rotas, follas, feo, flores silvestres… e, a miúdo, descobre materiais inesperados que incorpora aos seus deseños.

A orde natural da almacenaxe
Malia o seu amor polas solucións de almacenaxe accesibles, a Laura sempre lle custou organizar o seu material. Con todo, cunhas cantas solucións IKEA ben pensadas, atopou a maneira de gardar as súas cousas con estilo e eficacia.
Unha das solucións de almacenaxe que máis lle gustan é a vitrina FABRIKÖR, que usa para acelerar o proceso de secado de flores e herbas. Ademais, utiliza o andel adicional VARIERA para crear máis espazo, e as caixas UPPDATERA para organizar obxectos pequenos.
Para deixar que sequen de xeito natural, Laura garda as follas e os pétalos de flores na caixa de bambú tecido SMARRA. Esta caixa decorativa permite gardar as cousas ao alcance da man, pero sen que teñan que verse. Por outro lado, utiliza perchas BUMERANG con clips para pendurar flores frescas ou secas e axustalas segundo as súas necesidades. Ademais, as perchas axudan a conservar a forma das flores.
Por último, e para achegar un toque especial ás súas solucións de almacenaxe, Laura utiliza o popurrí en bolsa KROPPSVARM, que desprende un intenso aroma a flores secas de lavanda.
A través dos seus deseños florais sostibles e o coidadoso uso que lles dá ás súas solucións de almacenaxe, Laura demostra que a beleza non é incompatible coa funcionalidade. A súa paixón pola natureza e creatividade brilla en cada un dos seus arranxos.