Saltar

A campista feliz

Doris, deseñadora gráfica, vive na buliciosa cidade de Shanghai co seu marido e as súas mascotas. Con todo, séntese máis en casa cando sae ao aire libre, de acampada. O seu amor pola natureza reflíctense en cada aspecto da súa vida, dende a forma en que se viste ata os accesorios que usa de cotío, como os seus sombreiros de sendeirista.

Doris e mailo seu can posan diante de diversos artigos de acampada pendurados na parede.

As fins de semana aprovéitaas para saír de ruta, ir de acampada e explorar as zonas verdes preto da cidade. Como non podía ser doutro xeito, co tempo foi acumulando unha cantidade importante de material de acampada e roupa de sendeirismo que precisa gardar e organizar no seu pequeno garaxe.

No campo, Doris arrastra un carriño con todos os seus accesorios para ir de acampada.

Almacenaxe interior para equipamento de exterior

Por sorte, IKEA dispón dunha ampla gama de solucións de decoración do fogar coas que cubrir as súas necesidades. Por exemplo, as caixas SOCKERBIT son unha opción moi práctica, posto que poden albergar dende artigos de acampada ata ferramentas pequenas. Veñen en diferentes tamaños para que poidas ordenalas como mellor che conveña e contan cun deseño encastelable para facilitar o seu almacenamento.

Para gozar dunha maior comodidade durante as súas aventuras ao aire libre, Doris tamén usa o carriño RULLEBÖR cunha corda elástica para asegurar a carga. Por outro lado, os estantes de mental BOAXEL contan cun deseño duradeiro e resistente ás duras condicións do garaxe.

O taboleiro perforado SKÅDIS ofrécelle un excelente lugar onde pendurar e expoñer os seus sombreiros de sendeirismo máis prezados. Do mesmo xeito, os ganchos HÖGAFFEL son ideais para organizar cordas e correas, de modo que sexan facilmente accesibles e non anden polo medio.

Para as excursións máis curtas, as mochilas STARTTID son imprescindibles. Están pensadas para facilitar a vida das persoas máis viaxeiras. E para levar os aperitivos da excursión ou facer un pícnic, non hai nada como unha bolsa para alimentos FRAMTUNG. O seu deseño limpo, illante e resistente á auga asegura que os alimentos se manteñan secos e á temperatura que os precisas.

As solucións de decoración do fogar IKEA axudan a manter o pequeno garaxe de Doris limpo e organizado, ao tempo que lle permiten mergullarse de cheo nas súas aventuras ao aire libre.

Almacenaxe para os máis exploradores

As caixas ofrecen un espazo ideal para gardar os artigos que necesita para ir de acampada, o carriño simplifica as actividades ao aire libre e os estantes son perfectos para colgar no garaxe. O taboleiro perforado e os ganchos manteñen os sombreiros, as cordas e as correas ben organizados, mentres que as bolsas ofrecen unha excelente funcionalidade durante as excursións máis curtas, en concreto para levar o xantar.