Saltar

Almacena quen es

Cremos que grazas ás solucións de almacenamento poderás vivir as túas paixóns e gozar do que máis che gusta. Tamén poden ser bonitas e teren unha expresión de seu. Unha forma única de dicir quen es e dar a coñecer as túas paixóns. 

Aquí amosamos as paixóns e afeccións de persoas, así como as solucións de almacenamento que utilizan. Persoas fortes con paixóns singulares como exemplos inspiradores de como podes converter o almacenamento en algo creativo e totalmente teu.

Desde unha experta brasileira en pasteis ata unha artista do tinguido en Brooklyn, e desde unha drag queen ata unha apaixonada do seu xardín urbano en vertical, colaboramos con 11 persoas incribles para crearmos conxuntamente as solucións de almacenamento necesarias para viviren as súas paixóns. Quer almacenamento flexible para fotografía, pirografía e olería, ou solucións prácticas para exhibir grandes coleccións de videoxogos, libros e especias. Persoas reais, historias reais.

É un orgullo poder demostrar quen somos grazas ás nosas solucións de almacenamento.

Unha muller nova sentada nunha cadeira de brazos STRANDMON. No chan, ó seu carón, hai unha guitarra eléctrica e un amplificador. Na parede detrás dela hai un estante grande cheo de altofalantes.

Vida circular

As catro R para salvar o planeta: redeseñar, reutilizar, reparar e recrear. 

Cando alongamos a vida útil dos produtos e materiais, reducimos os recursos que necesitamos extraer da terra e lle damos máis tempo para repararse e rexenerarse. Eliminemos os residuos e acabemos co consumismo: o que é bo para o planeta, é bo para nós.

Vida creativa

Para algunhas persoas, o sentido da vida está na arte. Ademais de darlles a forza necesaria para abrirse ao mundo, axúdaas a descubrir as infinitas posibilidades que encerra o camiño. Celebremos os artistas que ven nos seus fogares un lenzo en branco. 

Un fogar dinámico e creativo que reflicta a túa personalidade e as túas inquietudes. Vivir nun lugar que estimula a mente, a curiosidade e os intereses é bo para a saúde.

Vida sa

Hai poucas cousas nas que todo o mundo estea de acordo, e unha delas é a importancia de levar un estilo de vida saudable. Para prosperar como sociedade, debemos coidar a saúde e o benestar tanto das persoas como da comunidade no seu conxunto.

Creemos fogares seguros e felices, onde poidas repoñer as forzas e sentirte ben. Un espazo persoal que reflicta a túa identidade e no que todo o mundo se sinta cómodo e a gusto.

Vida nómade

A sociedade non está feita para todo o mundo. Hai persoas feitas para ser libres, sentir os raios do sol na cara e poñer a melena ao vento. O seu estilo de vida ábrelles a porta a vivir unha infinidade de aventuras, para as que sempre están listas.

Descubre os nosos mobles e accesorios doados de montar e desmontar. E escolle solucións de almacenaxe que non impliquen tradear a parede mentres exploras ese mundo libre ao que chamas fogar.

Vida apaixonada

O teu fogar pode ser todo o que ti queiras que sexa: un museo, unha galería, un parque de xogos, unha tenda de antigüidades, unha biblioteca…

Exprésate de mil formas a través dun fogar dinámico e artístico que reflicta a túa personalidade e as túas inquietudes na vida. Ademais de darte un propósito, axudarate a orientarte na túa viaxe creativa.

Vida compartida

Compartir é acto de amor, aquí e en calquera outra parte do mundo. Ao compartir o que temos con outras persoas, creamos unha comunidade solidaria, aforramos cartos e vivimos vidas máis plenas e tranquilas.