Saltar

Salóns modernos: inspiración, ideas e consellos

Se o que che gusta son os salóns modernos, imos ensinarche salóns de deseño, ideas para decorar o teu salón, inspiración para decorar a parede do salón e ata exemplos de cadros para decorar, se o que queres é só darlle un pequeno cambio ao teu salón. 

A cuestión é que os salóns modernos son perfectos, xa que son atemporais e nunca pasan de moda. Cada salón decorado con IKEA é diferente e permíteche personalizado para facelo realmente teu. 

Salóns modernos: inspiración, ideas e consellos
Salóns modernos: inspiración, ideas e consellos

Salóns modernos para inspirarte

Antes de nada, queremos dicirche que decorar o salón non ten que ser unha tarefa complicada. Mira como podes conseguir cambiar un salón sen moito esforzo, Carmen e Antonio fixérono así:

Cambia os mobles para TV

Cambiar os mobles do salón onde colocamos a televisión pode modificar, e moito, o conxunto. Ó final, decorar a parede do salón darlle un novo aire, máis moderno e sofisticado, como o dos auténticos salóns modernos.  

Elixe un novo moble de almacenaxe e decoración para o salón


Abonda cambiar o moble de almacenaxe por un xeitoso e moderno, con cores neutras, para modernizar o teu salón. Ah! E elixe elementos decorativos que lle dean o toque final ao conxunto. 

Se o que buscas é funcionalidade, proba os altofalantes wifi SYMFONISK. Iluminación e altofalante dous nun, que alén de integrarse co teu Google Home Assistant ou Alexa, é unha forma de decorar o teu salón con elementos modernos e sofisticados. 

Lámpadas de teito que crean salóns modernos 

Decorar o salón tamén é iluminar, e estas lámpadas de teito son as máis axeitadas para crear salóns de deseño nun chiscar de ollos. 

Decora a parede do salón

Outra opción é inspirarte en salóns modernos, onde as paredes son as grandes protagonistas. Os cadros para decorar son unha das mellores opcións para mudar o teu salón sen moita inversión económica. Combinar cadros, reloxos, marcos, lámpadas... todo é posible se o combinas con equilibrio e modernidade. 

Os cadros para decorar sempre son un recurso moi útil que pode dar resultados tan abraiantes coma este.

Sofás, cadeiras de brazos e chaiselongue que modernizan o teu salón 

Outra forma de decorar o salón é modernizar o lugar onde sentar a ver a tele, ler un libro ou navegar co teu dispositivo. Elixir entre os sofás modernos de IKEA é unha forma sinxela, práctica e económica de ter un dos mellores salóns modernos que poida haber. 
 
E mesmo darlle un toque ao teu sofá cunha manta para o sofá e unha alfombra, dálle moito xogo, calidez e confort ao teu salón.  
 
Inspirarte en salóns modernos non significa renunciar á comodidade e o descanso que as cadeiras de brazos e unha chaiselongue poden dar.  
 

Agora que xa te inspiraches en diferentes salóns modernos e que xa sabes como decorar o teu salón, deixámoste con este vídeo para saber como decorar un salón flexible: