Salón dun decorador con decoración do Nadal orixinal
Queres decorar a túa casa para o Nadal? Pedimos ao decorador Saša Antić que nos explicase como decoraría el o seu salón. Explicámosche como podes crear un ambiente do Nadal na casa sen ter que axustarte ás tradicións nin os convencionalismos.


Saša leva 10 anos traballando como deseñador de interiores e vive a cabalo entre Estocolmo e Nova York. Decorou este salón pensando no seu ático na Gran Mazá, xa que alí é onde pasará o Nadal este ano. Para iso non precisa ir ver a grande árbore do Rockefeller Center. «Non me gustan as tradicións», explica Saša, «porén, este proxecto fixo que me parase a pensar que significa realmente o Nadal para min».
Que é o Nadal para Saša? É un momento para estar cos nosos familiares, amigos e seres queridos. El invitaría a todos a casa e montaría unha cea con aperitivos, cócteles e boa música. Para crear un ambiente do Nadal na casa sen caer nos convencionalismos, Saša poñería detalles do Nadal como ramas de árbores e moitas candeas. As estrelas grandes nas fiestras crean un contraste precioso coa neve e o ceo escuro de fondo. «Tamén é unha forma de que a xente vexa onde está a festa dende a rúa».
“
Eu son como os meus amigos e familiares. Non nos gustan a comida e a decoración tradicionais; gústanos facer cousas diferentes».”
Saša Antić, decorador
Para facer que o loft industrial (e a festa sexan máis acolledores), Saša proponse unha suavidade extrema. Usaría unhas sedosas peles de vaca e laúdas peles de ovella cunha mestura de mantas e almofadas de cores neutras. Tamén crearía unha especie de chaiselongue amoreando varios colchóns e atándoos con cintos. «Así os convidados poden coller os colchóns para durmir cando empecen a estar cansos».
“
Reunirse con familiares e amigos, beber, comer e bailar durante toda a noite; niso consiste o Nadal para min».”
Saša Antić, decorador
Á hora de servir a comida, Saša apostaría pola informalidade e a practicidade. Sería unha mesa estilo buffet para que a xente se servise e comese cando e onde quixese. Poñería os pratos e vasos á vista e ao alcance de todos. Na mesa, o pan crocante presentado dunha forma orixinal. Gustaríame que os meus amigos americanos probasen algo tipicamente sueco, e non hai nada máis sueco que o pan crocante!» Iso son discos de jazz antigo! O pan crocante está servido nun gardapanos.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Creado por
Deseño de interiores: Saša Antić
Deseño dixital: Lasse Johansson
Redacción: Marissa Frayer
Fotografía: Andrea Papini
Edición: Linda Harkell
Deseño de interiores: Saša Antić
Deseño dixital: Lasse Johansson
Redacción: Marissa Frayer
Fotografía: Andrea Papini
Edición: Linda Harkell