Rutinas á hora de deitarse para espertar renovado
Unha noite de descanso depende en gran medida de como te preparas para o momento. É coma se te dedicases a relaxarte e deixar atrás o día. A continuación recompilamos algúns consellos sobre rutinas realmente relaxantes á hora de deitarse.


Remata ben o día
Contar cun espazo organizado fai que terminar o día sexa unha experiencia agradable. Escolle un lugar e un momento onde comezar o ritual de rematar o día. Pon o pixama e senta fronte ao espello. Atenúa as luces e toma un momento para desprenderte do día e relaxar a mente. Inverte a orde pola mañá. Prepara o rostro para comezar o día, quita o pixama e gárdao no seu sitio e vístete.
Organiza un recuncho para durmir feito á medida
Detrás do colgadoiro escóndese o teu propio recuncho de relaxación, onde prepararte antes de ir para a cama con algunhas actividades moi relaxantes. Un lugar cunha irresistible cadeira de brazos reclinable, un estante para candeas perfumadas cos teus libros favoritos e téxtiles suaves ao alcance da man.
Capas de luz, son e confort
Cunha lámpada combinada e un altofalante Wi-Fi, podes iluminar o ambiente nocturno marabillosamente. Para mellorar tamén o descanso, é recomendable ter á man colchas e edredóns adicionais, con diferentes grados de illamento, para optimizar a temperatura da cama.
A luz no lugar onde durmimos é clave tanto para a calidade do sono como para espertarmos sentíndonos descansados. A luz natural ou a artificial cunha lonxitude de onda similar funciona como un interruptor de acendido en nós".”
Evangelos Delidimitris, deseñador de interiores IKEA

Empeza o día ao amencer
Permite que o espertar sexa unha transición lenta que te faga sentir descansado e esperto. Cunha lámpada de luz e son xunto con estores opacos de peche con temporizador, podes configurar un amencer musical que converta a hora de espertar en algo moi especial.
Descubre máis produtos de electrónica para o fogar
Erguerse da cama é máis fácil cando descansaches ben
Cando espertas, a temperatura é máis importante máis que nunca. Para manter a sensación de acocho da cama durante máis tempo, apoia os pés nunha alfombra de felpa grosa. Pode parecer un detalle menor, pero pode chegar a marcar a diferenza na túa mañá.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Evangelos Delidimitris
Fotografía: Karl-Johan Hjertström
Texto: Henrik Annemark