Saltar

Rústico e moderno

O deseño tradicional xa non é o que era, senón que se reinventa a si mesmo cun ollo no pasado e outro no futuro. Que che parece un toque de arte tradicional escandinavo do ano 2019 para a túa casa? Aquí che indicamos como.

Sección ampliada dunha funda de coxín bordada con diferentes patróns de cor e unha borla nunha esquina.
Sección ampliada dunha funda de coxín bordada con diferentes patróns de cor e unha borla nunha esquina.

Oda a un heroe bordado

Os coxíns son os heroes esquecidos do deseño de interiores. Se se fai ben, abonda un pequeno cambio para mudar por completo a expresión do sofá ou a cama (ou mesmo o estante de contrachapado!). O coxín SKOGSKORN é unha homenaxe á artesanía escandinava tradicional. A riqueza do bordado e as borlas (nunca sobran) achegan o pasado e o futuro. Non podería quedar mellor.

Azul, vermello e branco. Cabalos de Dalecarlia e cortinas para a ducha. Esta tempada outono-inverno é máis doado que nunca darlle á túa casa un toque que mesture a arte e a tradición escandinava".

Elin Stierna, deseñadora de interiores de IKEA

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.