Agasallos de Nadal prácticos e sostibles para sorprender este ano
Impresiona os teus amigos e familiares con esta lista de agasallos orixinais e sostibles para Nadal. Descubre un novo xeito de agasallar no que, amais de sorprender, axudas o planeta e fas que os teus seres queridos tamén coiden o medio ambiente. E todo iso, sen gastar unha fortuna! Como tope puxemos un prezo máximo de 30 €.
Sen ideas para agasallar no Nadal? Anota todas estas!
Se algo é certo, sobre todo este ano, é que temos que mudar o noso estilo de vida tal cal o coñecemos e adoptar un moito máis sostible e respectuoso co noso planeta.
E, xa que este ano nos volvemos encontrar co noso fogar, por que non o facemos un pouquiño máis sostible? Aproveita a oportunidade de agasallar en Nadal para converter os fogares dos teus en casas máis sostibles. Non te preocupes, temos unha gran variedade para axeitarse a todos os petos. Así que non haberá escusa para non agasallar sostibilidade este Nadal.
1. Manta INGRUND
Comezamos cun gran básico que non pode fallar en ningunha casa. Un agasallo para acubillar e quecer esa persoa que tanto queremos, unha mantiña para os días fríos ou para ese momento de manta e peli. Amais, non hai nada máis bonito que coidar os nosos, non si?
E, como coida esta manta ao planeta? Moi sinxelo. O algodón do que está confeccionada procede de fontes máis sostibles, polo que este é reciclado ou está cultivado con menos auga e praguicidas. E, por se fose pouco, ao elixir produtos con este algodón estarás colaborando co medio ambiente e coa mellora da calidade de vida dos agricultores que o recollen.
2. Puf ALSEDA
Se a persoa á que lle queres facer un agasallo para gozar en casa tiver un estilo de decoración natural, e é amante de todo o que teña a ver con decorar o fogar, nada mellor que un agasallo que se axeite a este.
A nosa recomendación é o puf ALSEDA, trenzado á man por artesáns expertos que fan deste un obxecto único. Está elaborado con fibras de plataneiro, un material renovable, polo que o día de mañá poderá ter unha segunda vida e aproveitarse para a súa recuperación enerxética e non xerar residuos.
3. Cestas SNIDAD e FLADIS
Continuamos con máis agasallos orixinais e sostibles. Esta vez, a proposta é unha destas dúas cestas tan preciosas. SNIDAD está feita con ratán, outro dos materiais renovables cos que traballamos en IKEA. É moi resistente! Podes colocala en calquera parte da casa, mesmo en zonas húmidas, como o baño. Ademais, inclúe uns taquiños para non raiar o chan da casa.
E se queres unha cunhas dimensións un pouco máis pequenas, FLADIS pode ser o agasallo perfecto para o Nadal. Neste caso, está tecida á man con xunco mariño, un material 100 % renovable.
Ambas son moi útiles para gardar nelas unhas mantas para a sala de estar, o material de costura, uns coxíns, ou o que prefiras, seguro que quedará xenial. Elixas o que elixires, sorprenderás!
4. Mantel individual SOARÉ
Queres un agasallo diferente e sostible, e, que ademais sexa barato? Atención, que chega SOARÉ: un mantel individual moi especial porque está feito á man con xacintos de auga. Sabes que é? Trátase dunha planta acuática orixinaria de América do Sur e é considerada unha das plantas máis invasoras do mundo. Por iso, este mantel nútrese desta planta, recollida nos canais tropicais para que non prexudiquen o caudal do río onde nace. E, efectivamente, tamén é 100 % renovable.
É o agasallo perfecto para os amantes e as amantes da cociña, para esas persoas que gozan vestindo a mesa dun xeito diferente durante as festas de Nadal ou durante todo o ano. Todo iso, por menos de 5 €. Que che parece?
5. Lámpada de teito TROLLBO
Chega un agasallo de Nadal para transportar un pouco de ledicia e sostibilidade ao dormitorio dos máis peques. A nosa TROLLBO é unha lámpada moi especial, pois enche de diversión e encanto calquera espazo infantil co seu deseño de toldo de circo.
Que fai que sexa máis respectuosa co medio ambiente? Principalmente, a composición, xa que está feita a partir de plástico reciclado de botellas PET. Deste xeito, reducimos o consumo de novas materias primas nos procesos de fabricación e diminúe, polo tanto, o impacto medioambiental. Ah! E un último detalle sobre esta lámpada infantil, a caixa pódese pintar e reutilizar porque leva uns debuxos no deseño. Aquí aproveitase todo!
Ah! Non esquezas acompañar esta lámpada cunha lámpada LED para que sexa un agasallo de Nadal 100 % responsable. Por certo, sabías que as luces LED consomen ata un 85 % menos de enerxía e duran 20 veces máis que as lámpadas incandescentes?
6. Colección SAXBORGA
Se o que buscas é un agasallo práctico, sostible e pensado para alguén ao que lle encante telo todo en orde, os produtos da colección SAXBORGA son unha aposta segura.
Están deseñados para gardar eses pequenos obxectos que sempre van danzando pola casa e rematan perdidos e desorganizados. O primeiro deles é un conxunto de botes con tapa e bandexa. Este é perfecto para agasallar, pois pode utilizarse para moitísimas cousas, como para gardar os accesorios de baño e mesmo como tarros para os grans de café, as infusións ou as especias que temos na cociña. Ademais, pódense utilizar de xeito individual ou encasteladas.
O segundo dos obxectos que compoñen esta colección ao alcance de todos é o xogo de dúas bandexas con compartimentos que son moi útiles para telas no dormitorio e gardar nelas os complementos que empregamos a diario, como os pendentes ou un reloxo.
E que fai que todos sexan sostibles? Exacto, os materiais, xa que están feitos de cortiza e vidro, ambos totalmente reciclables.
Gustouche SAXBORGA? Pois non podes perder DRAGAN, outra colección perfecta para gardar obxectos, quer no baño, quer no dormitorio.
7. Lote de cafés e tés orgánicos
Se esa persoa for unha sibarita e gozar tomando unha boa bebida quente, este é o agasallo perfecto para Nadal.
Que tal se preparas unha gorentosa gama de té e café orgánico? En IKEA apostamos pola produción de alimentos biolóxicos sostibles. De feito, todas estas bebidas contan coa certificación UTZ, que garante que se cultivou de xeito sostible e que os agricultores traballan en boas condicións.
8. Lámpada de mesa KNIXHULT
Seguimos con esta lista de agasallos de Nadal! Agora é a quenda dun produto que, antes de crealo, xa tiñamos claro que debía ter un impacto medioambiental mínimo. Así que, a nosa lámpada de mesa KNIXHULT está feita de bambú, un material renovable e súper aproveitable.
Este é un agasallo perfecto para os amantes deste tipo de materiais e texturas. Ten un tamaño reducido, para que poida adaptarse a practicamente calquera oco da casa, e outórgalle unha boa dose de personalidade. Ademais, a luz cálida que ten desprende calma, moita calma...
Gústache este detalle, pero o teu orzamento é menor? Bota unha ollada á curmá de KNIXHULT, chámase GOTTORP e custarache menos de 20 €.
9. Colección MUSSELBLOMA
Por último, rematamos esta lista de agasallos de Nadal sostibles cunha colección moi especial, MUSSELBLOMA, que está formada por 4 produtos diferentes.
Trátase dunha gama de téxtiles confeccionados con plásticos recollidos na costa mediterránea e producidos en fábricas de Valencia e Alacante. Sabías que para este proxecto colaboraron máis de 400 barcos e 1500 pescadores? É unha historia realmente emocionante!
O obxectivo? Concienciar sobre a cantidade de residuos que invaden a nosa costa. Pois cada ano acumúlanse unhas 8000 toneladas de lixo no mar. Por iso, como verás, os seus deseños (creados pola española Inma Bermúdez) están inspirados, precisamente, nos mares e os océanos. De aí a súa combinación de formas e cores. Cada quilo de residuos utilizado para fabricar este tecido significa nove quilos de refugallos menos no mar. Impresionante!
É o momento de presentarchos todos!
Tanto para vestir a mesa de xeito alegre como para ir de pícnic. O noso mantel MUSSELBLOMA é un agasallo perfecto para esas persoas que adoran comer en boa compañía e nun ambiente especial.
Non hai nada mellor que ir mercar cunha bolsa práctica e bonita na que poder transportar todos os produtos. Esta bolsa de MUSSELBLOMA, ademais de económica, é un agasallo súper útil tanto para presumir polo mercado como para ir á praia en verán.
Que che pareceu? O mellor é que, cando haxa que reciclar estes produtos, poderá destinarse 100 % para reutilizar.
Esperamos que esta lista che servise de inspiración para saber que agasallar en Nadal e facer dos nosos fogares uns espazos máis sostibles e respectuosos co medio ambiente.
Se ficaches con máis ganas de descubrir outras ideas e consellos para ser cada vez máis responsable co planeta, convidámosche a botar unha ollada a estes artigos.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.