15 agasallos de Nadal por menos de 10 €
Este ano seguramente non contemos cun grande orzamento para os agasallos de Nadal. Pero non te preocupes, estamos convencidos de que os grandes agasallos non teñen por que ser os máis caros. Ímoscho demostrar!
Buscas un agasallo orixinal e económico para Nadal? Inspírate con esta lista con 15 ideas diferentes para regalar sen que o teu peto sufra. Todos os produtos que ensinamos teñen un prezo de 10 euros ou inferior.
Comezamos!
1. Un soporte para a tableta e os auriculares
Empezamos cun agasallo superpráctico e xuvenil. O noso soporte MÖJLIGHET é o complemento perfecto para o escritorio ou mesa de traballo de calquera persoa que non teña un lugar concreto no que deixar a tableta, o móbil ou os auriculares.
O moderno deseño en aceiro fai que sempre poidas ter os teus obxectos á man ocupando pouco espazo. Canto custa? Nin máis nin menos que 3 euros. Ah! E témolo en vermello para os máis atrevidos e en negro para quen prefira algo máis elegante.
2. Un xogo de cuncos
Á persoa á que queres regalar gústalle a cociña asiática? Que tal un xogo de cuncos no que comer arroz ou unha rica sopa? ENTUSIASM é un precioso xogo de cuncos con motivos en tons azuis e en relevo co que gozar dos seus pratos favoritos. Engade estes e un xogo de pauciños chineses e... agasallo de Nadal listo!
O mellor, ademais do seu prezo (9 € polas 4 unidades diferentes), é que, aínda que estean feitos de porcelana, son aptos tanto para microondas como para lavalouza, así que son comodísimos.
3. Unha foto dun gran momento xuntos
Pode que este ano sexa un bo momento para agradecer e rememorar todos os bos momentos que pasaches con esa persoa. Que mellor que coa fotografía desa gran viaxe, dos vosos recordos de infancia xuntos ou mesmo esa foto familiar antiga que tanto vos gusta?
Imprime a túa selección (lembra que podes facer un collage) e enmárcaa para que vista a parede cun toque extra de estilo. Non fai falta que sexa un marco demasiado extravagante. Lembra que o importante será que destaque o recordo. Por iso, opta por un marco de fotos sinxelo e económico como, por exemplo, KNOPPÄNG. As súas finas liñas e o seu rebordo en branco asegúranse de pór en valor a imaxe. E só por 8 €!
Sabías que este marco é perfecto para usalo co gancho adhesivo ALFTA? É xenial se quere colgalo sen necesidade de cravos nin parafusos.
4. Un testo para vestir as plantas
Seguimos cun agasallo para sorprender os amantes das plantas. E para non ter que meternos no dilema de que planta é máis resistente, canto sol vai recibir ou se a prefire con ou sen flores, este Nadal imos apostar por regalar un bonito testo para vestir as plantas que teña por casa.
Neste caso, recomendámosche unha das nosas últimas novidades: o testo DRÖMSK, un complemento cun aspecto refinado que quedará perfecto en calquera parte da casa.
Este modelo ten un prezo económico (5 euros) pero, se queres ver máis opcións, non dubides en visitar a nosa sección especial de testos de interior e mesmo a nosa ampla gama de floreiros decorativos se prefires outro tipo de plantas.
5. Un revisteiro natural e con estilo
Unha peza que non sempre se ve nas casas pero que, sen dúbida, lle dá un toque moi persoal. Un revisteiro como LUSTIGKURRE é un agasallo práctico e económico para as persoas ás que lles encanta ter na casa revistas sobre últimas tendencias ou xornais tradicionais con toda a novidade informativa.
Sabes que? Esta peza foi creada á man polos nosos artesáns profesionais e está feita de materiais naturais. Así, a cor de cada peza é única e diferente. Toda esta exclusividade polo módico prezo de 10 €, o tope que marcamos para esta listaxe.
6. Unha cesta para gardar obxectos pequenos
Se esa persoa é a típica que sempre ten unha chea de obxectos pequenos que non paran de dar voltas pola casa, é o momento de facilitarlle un chisco a vida diaria coa seguinte idea para regalarlle no Nadal.
O xogo de cestas LURPASSA é perfecto para gardar todos os complementos, como colares e pendentes ou calquera produto de tamaño reducido, como os artigos do baño, cremas, pintaunllas, etc. Estas cestas están feitas de xunco mariño, un material natural que, ademais de apostar pola sostibilidade (é 100 % renovable), lle dá un aspecto moito máis artesanal. Neste caso, este agasallo tan bonito e comprometido co ambiente custa tan só 9 €.
7. Un cesto máis grande para obxectos voluminosos
As cestas non só serven para ocultar as cousas, tamén lle dan personalidade ao espazo e éncheno de estilo. Esta idea é xenial para regalar a esa persoa á que lle encanta o estilo natural. Un complemento como este pode servirlle tanto para gardar obxectos como para lucilo, por exemplo, na sala de estar da casa.
Volvemos á serie natural de LUSTIGKURRE para ensinarche esta preciosa cesta (compatible cos ocos do estante KALLAX, por certo) feita de plantas secas e fibras naturais. Grazas ao seu tamaño, é perfecta para meter nela xogos, libros… O que sexa!
Que che parecería facer un paquete de cesta e manta quentiña para a sala de estar? Haberalle encantar, especialmente se lle gustan os plans de manta, peli e sofá.
8. Un arquivador bonito e práctico
Este ano tivemos que acondicionar as casas mellor que nunca para termos un espazo no que traballar ou estudar. Por iso, a nosa seguinte proposta vai encamiñada a regalar un complemento que, ademais de ser útil, lle dea un toque decorativo a esa zona de traballo.
Dado que os estantes se ateigarían de documentos e libros, que mellor que ordenalo todo cuns bonitos arquivadores? Na primeira foto ensinámosche o noso modelo máis elegante e sutil, o arquivador TJOG.
Pero se a persoa á que regalas ten un estilo moito máis rechamante e prefires un deseño máis alegre, o arquivador PALLRA encherá de cor o seu escritorio. Ademais, están feitos a partir de cartón reciclado! E como leva un portaetiquetas, poderá clasificar o contido facilmente.
9. Un neceser
Aínda que este ano non destaque polas viaxes, sempre vén xenial ter un neceser pequeno para esas escapadas máis próximas ou para as nosas actividades do día a día, como o ximnasio ou o traballo. Por iso, VÄRLDENS e DRÖMSÄCK son dúas das nosas propostas para agasallos de Nadal.
A primeira, VÄRLDENS, é unha opción supereconómica (só custa 9 €) e cómoda porque conta cun ganchiño onde colgala en calquera parte sen ter que apoiar o neceser en ningunha superficie para utilizalo comodamente.
DRÖMSÄCK, en troques, destaca pola súa gran capacidade, xa que é ideal para gardar produtos máis grandes e mesmo, para levar a friameira do traballo.
Sabías que tanto VÄRLDENS como DRÖMSÄCK están feitos de poliéster reciclado? Por iso son un agasallo perfecto para avanzar cara a un futuro máis sostible. Ah! E, aínda por riba, ambos son repelentes á auga.
10. Unha bolsa impermeable
Sabemos que non é un agasallo moi frecuente, pero non por iso deixa de ser un bo candidato para esta lista de agasallos económicos de Nadal. E é que unha bolsa impermeable é realmente útil, sobre todo, para as persoas que realizan algún tipo de actividade ao aire libre e queren resgardar os obxectos de valor.
Presentámosche a nosa bolsa RENSARE, un complemento perfecto para levar á piscina (onde adoita haber bastante humidade), á praia (xa que tamén evitará que entre area) e mesmo á montaña (xa que vén xenial para os días de choiva, rutas pola neve ou para actividades nas que haxa auga polo medio). Ves que práctico é? E tan só custa 3 €!
11. Unha faldriqueira
Está claro que as faldriqueiras volveron poñerse de moda. E é que nos encanta o cómodas e prácticas que son. Pódelas levar a calquera parte e non pesan case nada. De feito, son unhas grandes aliadas para levar o imprescindible estes días.
Na nosa faldriqueira VÄRLDENS podes meter un boteciño de xel desinfectante, as chaves, a carteira e, mesmo, unha bolsiña de tea reutilizable por se vas á compra.
Gústache como agasallo de Nadal? Pois o seu prezo gustarache aínda máis porque esta faldriqueira custa 8 €.
12. Candeas aromáticas
Se esa persoa é das que goza cos plans de relaxación na casa, regalarlle unhas candeas aromáticas será un acerto seguro.
Ademais de bonitas e decoradoras, as nosas candeas OMRÅDE recenden un aroma agradable e perfecto para ambientar a casa. A súa fragrancia poderá ser a compañeira perfecta para descansar no sofá mentres escoita a súa música favorita ou para crear un ambiente zen mentres practica ioga na sala de estar. Ademais, como vén nun vasiño, non haberá perigo de que se derrame a cera e cando queira apagala, poderá deixala como parte da decoración da estancia.
Se non te convence, sempre podes mercar candeas soltas e engadirlles STABBIG.
13. Un xogo de mangas pasteleiras
Como este ano lle dedicamos máis tempo á cociña, abofé que máis dunha persoa da casa se fixo experta en repostaría. Que tal un agasallo para que siga preparando esas deliciosas tortas?
A nosa proposta é este xogo de decoración de pastelaría, SMAKSAM. Con el poderá crear obras de arte en tortas, madalenas, galletas… Leva 6 bicos para crear motivos distintos con toda clase de recheos, un peite para decorar e un cortapastas. Completísimo! E tan só por 6 €.
14. Un termómetro temporizador
E xa que estamos de cociniñas... unha proposta de agasallo para os amantes dos fogóns. Agora pasamos da repostaría aos bos asados.
Se a esa persoa lle gusta medir exactamente o tempo e a temperatura das súas creacións, necesita urxentemente un termómetro temporizador como FANTAST. É moi sinxelo de utilizar e seguro que lle encanta ver como as súas receitas van chegando a resultados comparables aos dun chef profesional.
15. Uns espellos decorativos
Por último, despedimos esta lista de agasallos de Nadal accesibles e orixinais cun conxunto de dous espellos decorativos LIHOLEN.
Aínda que facemos ben en chamalos "decorativos", o certo é que tamén son moi útiles para o día a día. Son desas cousas que nunca poden faltar en ningunha casa. Ademais, o reducido tamaño de LIHOLEN fai que sexan moi cómodos de transportar do baño ao dormitorio, de se precisar. Por iso, este xogo de dous espellos é perfecto para regalar en Nadal, porque agrupa nun mesmo agasallo orixinalidade, practicidade e un prezo moi accesible.
Que che pareceu? Esperamos que fose de axuda e teñas máis claro que regalar este Nadal sen deixar unha fortuna no camiño. Lembra que o prezo non é o que decide se un agasallo é bo ou non.
Sigue connosco e le máis ideas para facer agasallos en Nadal económicos e orixinais.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.