Saltar

Que hai de novo no Catálogo IKEA?

Bota unha ollada ao último Catálogo IKEA, con novos produtos que espertan a ledicia, solucións intelixentes para facer que a vida no fogar sexa máis doada e ideas baseadas nas necesidades que se desprenden da enquisa de IKEA sobre a vida no fogar. Ademais, estamos todos invitados a unirnos á revolución do sono e a mellorar o noso benestar.

Parella na cama cunha guitarra nun cuarto tipo loft industrial.
Parella na cama cunha guitarra nun cuarto tipo loft industrial.

Únete á revolución do sono

Todos arelamos un equilibrio entre o traballo e a vida persoal, pero que pasa co sono? Nos últimos 50 anos, a nosa media de sono nocturno pasou de oito horas a seis. "O sono é o fío condutor deste catálogo: desde a portada, ata cada un dos fogares e produtos incluídos nel", di Tanja Dolphin, responsable do Catálogo Global IKEA. "É a 'Revolución do sono pacífico' porque unha boa noite de sono é importante para todos, esteas onde esteas no universo".

A principios do outono é cando moitos de nós 'empezamos de novo': traballo, escola e adaptación logo das vacacións de verán. É moito máis fácil aceptar novos retos ou adaptármonos ao cambio se descansamos ben".

Tanja Dolphin, responsable do Catálogo Global IKEA

Reaxusta o espazo para durmires

"Hai consellos e recomendacións para durmir ben en todo o catálogo", di Tanja. "Inclúe moitos pequenos cambios no espazo que lle dedicamos a durmir: unha solución de fiestras por capas, téxtiles e almofadas ergonómicas. O equipo que elaborou o catálogo investigou moito e realizou un seguimento do seu propio sono, medindo o efecto do exercicio, a contorna e a cafeína".

É hora de desmontar o mito do colchón. Durmir ben é algo máis ca un colchón. A luz, o son, a comodidade, a temperatura e a calidade do aire tamén desempeñan un papel importante".

Tanja Dolphin, responsable do Catálogo Global IKEA

Unha almofada para o mellor descanso

Unha das pequenas cousas que pode marcar unha gran diferenza na calidade do noso sono é a almofada. Deseñamos unha nova gama de almofadas ergonómicas que se adaptan aos diferentes tipos de persoas, cunha forma e un recheo que se combinan para que todo o mundo atope a opción perfecta para durmir: Tanto se dormes boca arriba, como de lado ou boca abaixo...ou como se es unha estreliña de mar!

Descubre novos produtos renovados, modernos e con estilo para cada estancia do teu fogar. Proba o sofá cama FRIHETEN. FRIHETEN é un sofá, unha chaiselongue e unha cama dobre: todo nun.

Estilos novos e atrevidos

"Atoparás todos os deseños e estilos habituais de IKEA, pero tamén poderás gozar do feito de experimentar con cores atrevidas e combinacións pouco habituais", di Tanja. "É un camiño emocionante que esperamos que sorprenda aos clientes".

Síntete como na casa

"Inspirados polo informe sobre a vida no fogar e polo feito de que moitas persoas non se senten cómodas dabondo na súa propia casa, o equipo preguntouse que podían facer para axudar. Isto animounos a crear cinco fogares, cada un deles deseñado para satisfacer cada unha das necesidades emocionais identificadas como necesarias para facer que un fogar se sinta realmente como tal: sensación de pertenza, propiedade, seguridade, comodidade e privacidade".

Lab Home é unha resposta aos comentarios recibidos e explora as diferenzas e as semellanzas na forma na que se percibe o fogar en distintas parte do mundo. Propúxoselles a cinco deseñadores de diferentes países deseñar un fogar. Para facelo, déronselles o mesmo plano e os mesmos criterios.

Tanja Dolphin, responsable do Catálogo Global IKEA

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

O novo catálogo xa está dispoñible! Consigue o teu catálogo na tenda.