Saltar

10 ideas para aproveitar a Semana Santa na casa

No sabes que facer en Semana Santa? Bota unha ollada a esta lista de plans para sacarlle o máximo partido e aproveitar cada minuto destes días festivos dende nada máis e nada menos que o teu propio fogar. Só ou en familia, inspírate con estas ideas para pasala na casa. 

Anota as túas favoritas!

1. Manualidades de Semana Santa

Empezamos cun plan divertido e moi entretido para os pequerrechos da casa. O certo é que se algo caracteriza esta época do ano é a explosión de cores, así que nada como unha tarde de manualidades e debuxos para pasalo en grande. Os adultos tamén poden participar! 

Unha idea orixinal pode ser debuxar, pintar e recortar uns ovos de Pascua para decorar a casa. Cadaquén pode crear o seu e colocalo no lugar que máis lle guste de todo o fogar. Por exemplo, podes pegarlle por detrás un pau (feito cun pedaciño de cartón, ou mesmo podes usar o pau dun polo que xa comiches) e cravalo nun testo para decorar as plantas. Quedarán preciosas e moi festivas!

Queres outra idea máis? Estupendo! Por que non pintas directamente a casca dalgúns ovos? Podes facelo de moitos xeitos diferentes como, por exemplo, con aerosois especiais, rotuladores ou pintura acrílica.

2. Cociñar pratos típicos de Semana Santa

Se hai unha forma perfecta de pasar a Semana Santa na casa é, sen dúbida, gozando da boa cociña caseira. Aproveita estes días sen estrés nin horarios e deléitate cos pratos máis típicos de Semana Santa. 

O máis popular desta época son as receitas de sobremesa e doces tradicionais, como unhas ricas torradas, unhas chulas esponxosas ou uns deliciosos pestiños... Sabémolo, fáiseche a boca auga, verdade? 

Aínda que excedas un pouquiño co doce, queremos que estes días de máis liberdade teñas a oportunidade de comer mellor e con máis tranquilidade. Polo tanto, abre o receitario e énchete de homenaxes gastronómicas sen renunciar a comer dun xeito saudable.

3. Pícnic na terraza

Tes unha terraza ou outro espazo ao aire libre? Sácalle todo o partido! A primavera permítenos, entre outras cousas, gozar deses días no que o sol resplandece, pero non é molesto. Polo tanto, hai algo mellor que saír ao balcón ou á terraza e montar un pequeno pícnic?

Se che gusta esta idea, recomendámosche que primeiro acondiciones o espazo un pouquiño, así que tócache decorar a terraza. Fai unha boa limpeza para quitar todo o po e a sucidade e engade os complementos necesarios: unha mesiña pregable, uns coxíns para sentar ou tombarse no chan... o que sexa! Unha vez listo, teralo todo perfecto para gozar dun día diferente ao aire libre con toda a comodidade que ofrece a túa casa. 

Non tes un espazo para poder facer pícnic ou, simplemente, non fai bo tempo? Encántanos a creatividade e, por iso, non descartamos a idea de montar un pícnic de interior. Para darlle un aire diferente, despexa a sala de estar e engade uns cantos accesorios, sobre todo, téxtiles. Uns coxíns por aquí, unhas mantas por alá e... voilà! Xa temos pícnic.

4. Actividades en familia

Xa falamos un pouco dalgunhas manualidades para aproveitar o tempo libre esta Semana Santa, pero que che parece un xogo para complementar esa idea? Iso si, sempre seguindo unha temática. Que se note que estamos de vacacións. 

O xogo do que che queremos falar chámase 'En busca do ovo de Pascua' e, como o seu nome ben indica, trátase de agochar e buscar por toda a casa un ovo de Pascua. Podedes xogar de moitas formas, pero a nosa proposta é a seguinte: 

Debuxar de maneira sinxela un plano da casa como se fose un mapa do tesouro e deseñade unha ruta que vos leve de cuarto en cuarto ata atopares o ovo de Pascua. Podedes poñer probas e retos entre medias , como unha adiviñanza, para o xogo durar un chisquiño máis e a aventura ser máis entretida . A gran recompensa pode ser calquera cousa que guste aos peques, pero neste caso, nós optamos por unha bolsiñas chea de deliciosos ovos de chocolate. Pasarédelo en grande!

5. Ronda de xogos de mesa

Un nunca é demasiado maior para gozar dunha boa tarde de xogos de mesa. O certo é que hai xogos para todos os gustos e idades. Algúns son máis dinámicos e outros máis tradicionais, polo que sempre atoparemos un co que poidamos estar horas e horas con amigos e familiares para gozar dun rato divertido xuntos. Por iso, non queremos deixar pasar esta ocasión para recomendarche que deixes a tecnoloxía de lado un anaco e recorras a estes xogos tan entretidos. Anímaste?

6. Riscar a lista de “cousas pendentes”

Pode que non sexa o plan máis divertido do mundo para pasar a Semana Santa na casa, pero pensa que estes días libres son a oportunidade perfecta para riscar esas tarefas pendentes para as que nunca atopamos o momento. Ademais, aínda que teñas que dedicarlles un anaco, logo sentirás unha gran satisfacción porque non hai nada mellor que non deixarse nada no tinteiro e ter paz mental. 

Que clase de cousas son as que poden formar parte desa famosa lista de “cousas que quero facer e nunca me decido”? O primeiro que se nos vén á cabeza é, por exemplo, todo o que teña que ver coas grandes limpezas, esas que facemos con menos frecuencia e que son tan necesarias, ou, por outra parte, as tarefas de organización dos estantes, o caixón, o armario das friameiras... Non obstante, non todo ten que ver coa orde e a limpeza, seguro que tes pendentes actividades máis entretidas, como completar ese álbum de fotos que queres facer ou revisar e clasificar os documentos do ordenador.

7. Cambio de armario

Sabemos que o dito "en maio, cómense cereixas a borrallo" é bastante acertado no que ten que ver coa roupa. Porén, si que podes empezar a gardar as pezas máis gordas de inverno e sacar aquelas popularmente coñecidas como de entretempo. 

Por iso, esta idea está pensada un pouco co propósito da anterior, para ordenar todas as túas cousas. Se empezas cunha pequena transición estacional no teu armario, non terás que lavar e gardar tantas pezas e verás con máis claridade a roupa que tes para esta tempada. 

Lembra! Non gardes aínda as mantas ou a roupa de manga longa máis fina . Aínda quedan días fresquiños por diante.

8. Practicar algo de deporte

Non hai que perder os bos costumes, por iso propoñemos facer un pouquiño de deporte na casa, especialmente se non tes moito tempo para practicalo. 

Xa o demostramos este ano: non é necesario ter un grande equipo. Con acondicionar un pouco a sala de estar e despexar os mobles será máis que suficiente. Tes unha terraza? Moito mellor! 

Como recomendación especial, suxerímoste que non fagas unhas series moi complexas ou longas, e menos se non estás acostumado. Adapta os exercicios ao teu nivel e practícaos durante 20-30 minutos. Cun pouquiño sentiraste moi ben, crenos. Ademais, a ducha de recompensa é moi satisfactoria.

9. Momento spa na casa

Falando de duchas... Que che parece se convertemos a ducha de despois da nosa rutina de exercicios nunha sesión de autocoidado?

Podes poñer de fondo un pouquiño de música relaxante e facer que ese anaquiño sexa aínda máis especial. O certo é que iso non significa que debamos estar moitísimo tempo debaixo do chorro de auga; non esquezas que hai que utilizar a auga de forma responsable. Non obstante, si que podes coidar certos detalles previos e posteriores á ducha, como a música ambiente, poñerte unha máscara especial para o pelo, ou mesmo utilizar algún tratamento facial.

10. Non facer nada

Non facer nada como plan para Semana Santa? Parécenos marabilloso. Non nos malinterpretes, non queremos que esteas todos os días tirado no sofá, pero coidamos lícito concederte un día de liberdade absoluta. Os descansos tamén son moi importantes. 

De feito, non debemos sentirnos culpables por non ter esa enerxía para facer cousas en todo momento. En ocasións, é mellor que nos deamos un día, unha tarde ou unhas horas para non facer moitas cousas, ou polo menos para non planificar facelas.

Que che pareceu? Esperamos que con estas ideas poidas gozar dunha Semana Santa moi agradable na casa. Se queres máis ideas, non perdas esta selección especial de artigos cheos de distintos plans para esta Semana Santa.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, cómpre lembrar que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.