Saltar

Propósitos de Aninovo: ser máis sostible

Os propósitos de Aninovo son algo que cada Noitevella nos vén á mente. E o máis posible é que este ano, após tantas cousas vividas e plans adiados, teñamos en mente uns poucos.

Un deses propósitos que sabemos que máis dunha persoa ha facerse, é ser máis sostible. Por sorte, co pasar dos anos somos máis conscientes de que a sostibilidade e coidar do medio ambiente é fundamental para gozarmos dunha vida mellor.  

Imos ver como podes realizar este magnífico propósito facilmente, día a día, sen deixalo de lado nin esquecernos del.  

Como reciclar todo tipo de lixo na casa 

 

Reciclar é un dos principios de sostibilidade, así que non está mal comezar por aquí o noso propósito de Aninovo. O importante é separar correctamente cada tipo de lixo, sen mesturar res e sabendo ben o que vai en cada contedor.

Se cres que a falta de metros cadrados na cociña é un problema, iso é porque non probaches os nosos separadores KARDORNA, cos que poderás reciclar tres tipos de refugallos nun único espazo. Outra opción é ter caldeiros do lixo encastelables como SORTERA, cos que poderás aproveitar o espazo en vertical.   

Ademais, non esquezas que as pilas, as lámpadas, os medicamentos ou mesmo o aceite, entre outras cousas, tamén se reciclan en lugares específicos e indicados para eles, así que non os mestures co resto do lixo.  

Neste vídeo dámosche un consellos moi rápidos para reciclares na cociña fácil e comodamente. Preme o play!

Lámpadas LED: vantaxes e deseño 

 

De certo que aínda tes na casa algunha que outra lámpada que non é de todo sostible nin LED. Sabías que en IKEA todas as lámpadas que vendemos son LED?  Consomen moita menos enerxía en comparación coas lámpadas tradicionais, polo que son outro dos pasos fundamentais para o noso propósito de Aninovo de sermos o máis sostibles que poidamos

Por exemplo, a nosa lámpada RYET, unha lámpada LED que consome aproximadamente un 85 % menos de enerxía que as lámpadas incandescentes tradicionais e dura ata 15 000 horas. Ou o que é o mesmo, podes utilizala para ler unha hora cada noite durante os próximos 41 anos. Que che parece? 

Doa a roupa que non utilizas: limpeza de armario 

 

Outra forma marabillosa de empezar o ano é desfacéndonos de todo o que non nos ofrece nada. E ben sabemos que unha desas cousas é a roupa. Cantos xerseis tes ateigados de boliñas no armario? E que pasa con aquela camiseta que che regalou a túa primeira moza en 1995?  Saca toda a roupa do armario, límpao ben por dentro e doa a que non utilices e estea en boas condicións, dálle unha segunda vida! 

En IKEA cremos na economía circular e a túa roupa pode facer parte dela. Non cres? Ademais, xa verás que satisfacción cando vexas un armario tan ordenadiño e limpiño coma este. 

Dá unha segunda vida ós teus mobles  

E do mesmo xeito que limpaches o armario... tamén podes dar unha segunda vida ós teus mobles! Como? Vendéndoos co noso servizo de recompra e revenda.   

Os produtos que IKEA recompra póñense á venda polo mesmo prezo de taxación ofrecido ós seus donos nun espazo das tendas chamado "Circular Hub" (anteriormente coñecido como o Faiado das Oportunidades).  

É unha forma marabillosa de sermos sostibles neste novo ano que comeza, permitindo que os teus mobles atopen o seu recuncho nun novo fogar

Queres converter a túa sala de estar nun espazo máis respectuoso co medio ambiente? Bota unha ollada ao seguinte vídeo e toma nota de todas as ideas para na túa casa reinar a sostibilidade. 

Procedencia e sostibilidade dos produtos: olla ben 

 

Por último, para cumprir co propósito de Aninovo de sermos máis sostibles, propomos que comeces por ser máis atento e consciente do que xa es. Como? Fixándote na procedencia das cousas que mercas e consomes.

 

  • Revisa sempre a etiqueta dos produtos, sexan os que foren, mesmo dos alimentos, para saber onde están fabricados e con que materiais.   
  • Infórmate sobre os plans de sostibilidade das marcas. Queres ver algunhas das cousas que fai IKEA? Preme aquí.  
  • Infórmate sobre os mellores materiais con respecto á sostibilidade e cale é o seu proceso de fabricación.   

Se quixeres máis ideas relacionadas coa sostibilidade para obter máis información e así cumprir o teu propósito de Aninovo, bota un ollo aos seguintes artigos. 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.