Problema resolto: soportes de teléfono móbil para o baño
Encontrar un lugar para poñer o teu móbil no baño pode ser un problema pequeno e moderno, pero que se resolve facilmente. Bótalle unha ollada a estas formas sinxelas de manter o teu teléfono san e salvo mentres estás no baño sen necesidade de facer buratos na parede.


Adeus, cepillo de dentes. Aquí vai o móbil agora. O segredo está nas ventosas. Cada portacepillos ten un, polo que é doado de pegar sobre vidro, espellos ou azulexos. Pon algunha etiqueta para indicar de quen é o móbil. Bonus: os soportes amplifican o son, para que as túas cancións poidan acompañarte.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Fredrik Biel/Nathalie Kamkum
Fotografía: Mårten Linton
Texto: Marissa Frayer
Deseño de interiores: Fredrik Biel/Nathalie Kamkum
Fotografía: Mårten Linton
Texto: Marissa Frayer