Prepara a túa para Nadal sen gastar moito
Pode que este Nadal sexa un chisco distinto con respecto a como adoitamos celebralo, mais non por iso imos permitir que se perda o compoñente máis importante desta festa, a ilusión. Se neste Nadal tes pensado reducir o orzamento en decoración todo o posible, isto é para ti! Como verás, hai un feixe de opcións coas que poderás preparar a casa para o Nadal con ese ambiente que tanto nos gusta nesta época do ano por moi pouco diñeiro. O cambio só o notará (para ben) o teu peto.
O primeiro paso para preparares a túa casa este Nadal sen gastar moito será reutilizar todo o que conserves de anos anteriores. Quer adornos, quer manteis, louza... Dar unha nova oportunidade a todo o que tes gardado permitirache reducir considerablemente o orzamento. Mais se o que queres é combinar o do ano pasado con algún adorno novo ou se simplemente non tes nada de decoración de Nadal porque vés de te independizar, as ideas que che propomos deseguido poden ser de moita utilidade.
Adobíos de Nadal para porta low cost
Agora máis que nunca precisamos cousas positivas e compartir cos demais. Por iso, pór unha decoración de Nadal na entrada da casa, ademais de alegrarte a ti, tamén alegrará os teus veciños, polo que pode ser unha moi boa idea para comezar a prepara a túa casa para o Nadal, non si?
Aínda que hai moitas formas de facelo e as coroas de Nadal adoitan ser o máis típico, nesta ocasión propomos unha idea diferente, sinxela e moi económica. Este adobío de parede da nosa colección VINTER, que simula as pólas dunha árbore de Nadal, só costa 1€ que, en compañía de dúas bólas vermellas, fai un bo decorado para a porta da casa.
A iluminación é outra das opcións máis habituais de decorar a entrada da casa nestas datas, mais o certo é que poden supor un gran gasto de enerxía. Por iso, se quixeres dar un chisco máis de luz á túa entrada sen gastar moito, propomos colocares unha grilanda de luces LED como STRÅLA derredor da porta. Funciona con pilas, así non terás que pensar en enchufes e o mellor é que, como é LED, consome 85% menos de enerxía e dura 10 veces máis cás lámpadas incandescentes tradicionais. Sostible para o teu peto e para o medio ambiente!
Unha árbore de Nadal orixinal e barata
Se non queres deixar un carro de diñeiro na árbore de Nadal con milleiros de adobíos, non te preocupes! Ímosche propor unha alternativa moi orixinal e económica, como a que ves na foto.
Para facelo na túa casa, só che fará falta un soporte, que pode ser unha táboa de madeira ou de cortiza que non utilices ou mesmo podes empregar unha parede da casa. Tamén vas necesitar pegamento ou chinchetas, e tamén unha grilanda de luces LED, loxicamente. Nós eliximos LEDLJUS, que só custa 10€ e ten 4 metros de longo, polo que che ha permitir crear unha árbore luminosa asaz grande. Ademais o cable que ten é negro, polo que destaca máis sobre a madeira. Porén, podes facer unha versión mini cunha grilanda máis pequena.
Cando tiveres todo pronto, só terás que dar forma de árbore á grilanda de luces suxeitándoa ben sobre o soporte. Durante o día podes tela apagada e acendela cando se faga noite. No entanto, como diciamos anteriormente, estas luces son LED, polo que gastan moito menos e duran máis, así poderás conservar esta árbore tan orixinal durante moito tempo. Estamos certos de que máis dun familiar copia a idea para o ano próximo!
Unha árbore de Nadal minimalista
Se aínda así non sabes o que facer e buscas algo que se achegue máis a unha árbore tradicional, pero sen gastar tanto, por que non escolles algo en formato mini? Esta que propomos, da coleccións VINTER 2020, mide 12 cm e ten un prezo moi accesible. E como é tan pequena tamén aforrarás porque non lle fan falta tantos adobíos para que reluza.
Nós, por exemplo, puxémoslle unha fermosa grilandas de luces LED con bonecos de Santa Claus e mudamos o testo por outro máis acaído co resto da decoración da casa. Non lle fai falta moito máis.
Pero aínda que escollas outro tipo de decoración, o certo é que ten unhas medidas que che evitarán ter que adornala tanto como se fose unha árbore grande. Ademais, tamén aforrarás moito espazo na casa. Que che parece?
Decoración da mesa de Nadal económica e xeitosa
Este ano, as mesas aínda teñen máis importancia, pois se algo aprendemos é que non hai nada máis importante que estar cos teus. E as comidas e ceas retratan á perfección ese vínculo tan especial. Este Nadal prepara unha sinxela e bonita mesa para recibir a quen máis queres.
Para a mesa de Nadal ter un aspecto máis festivo non che fai falta gastar moitos cartos nin dedicarlle horas de máis. Nesta foto conseguímolo con apenas tres elementos: manteis individuais en vermello, louza branca cun algo de decoración e unhas candeas.
Non hai dúbida de que os manteis son os grandes protagonistas. E o certo é que por un prezo moi accesible, estas pezas son quen de dar vida á mesa grazas á súa cor, tan característica destas datas.
Despois de colocalos, o seguinte paso é pór unha louza branca a contraste, para realzar aínda máis os manteis. Nós escollemos UPPLAGA, que co borde rizado que ten aquela aínda máis a mesa. Porén, a decoración vai ben con calquera louza desta cor que tiveres na casa. Tamén a podes combinar, como fixemos nós, con pezas brancas con algún deseño floral, por exemplo. Os vasos e copas de cristal transparente e os panos de mesa tamén brancos.
Por último, mais non por iso menos importante, un fermoso candelabro con candeas no centro para rematar co decorado e dar á mesa un aquel máis cálido.
Decoración da mesa de Nadal con elementos naturais
Se queres que a decoración da mesa sexa aínda máis acaída para esta época do ano, outra opción é engadir elementos naturais sobre a louza, como piñas, pólas de piñeiro ou flores de Pascua. A flor de Pascua que escollemos é da nosa colección de VINTER e, a pesar do prezo tan accesible que ten, é quen de mudar completamente o aspecto da mesa. A louza é branca, polo que se crea un fermoso efecto coas pólas de piñeiro verdes, as piñas marróns e a flor vermella.
A diferenza coa mesa anterior, alén dos elementos naturais é que neste caso, para vestila escollemos un mantel vermello como base e, sobre el, uns individuais brancos cun debuxo de Santa Claus. Unha vez máis, unha decoración sinxela e a bo prezo que non ha pasar inadvertida.
E xa que estamos a falar de sorprender os teus convidados, non está de máis teres pronta unha solución para que a xente poida gardar a súa máscara se non tiver unha caixiña, non o pensaras?
O máis económico, pero igualmente efectivo, é ter á man uns sobres de cartas. Se repartes un a cada persoa poderán deixar a máscara dentro e gozar do momento. Queres algo máis? Pois decora cada sobre con etiquetas con nomes ou pegándolle algún adobío especial. Seguro que lles encanta.
Adobíos a bo prezo para o Nadal reinar en toda a casa
Alén da decoración da mesa para as comidas ou ceas de Nadal, hai outros elementos decorativos prácticos e económicos que podes mercar para a túa casa e que, en conxunto, lle darán un aquel festivo. Un exemplo disto é o gardapanos con forma de corazón que podes ver na foto. É dunha cor que lle dará un aquel festivo que estamos a buscar en calquera estancia na que o poñas. Así que pode facer a diferenza se o levas á mesa cando viñeren unhas amizades visitarte, aínda que só tomedes un café.
O mesmo acontece coas candeas, pois aínda que son sempre ben recibidas durante todo o ano, no Nadal funcionan de marabilla para que calquera espazo sexa moito máis acolledor e agradable. E o mellor destes adobíos é que os poderás utilizar cando xa non sexa Nadal. Ademais, como levan luces LED son máis seguros e duran moito máis.
Botaches contas de todo o que podes aforrar? Agardamos que todo isto sirva para a decoración deste Nadal ser moito máis económica e, por se aínda precisas máis ideas, velaquí deixamos unha selección de artigos sobre o tema que che poden interesar.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.