Saltar

Como preparar unha mesa no xardín para celebracións

Comer ao aire libre é algo que nos gusta a todos. Por iso, falamos con Yvonne Eijkenduijn, unha blogueira belga amante da decoración de interiores, que nos deu unhas ideas xeniais para as nosas celebracións no xardín ou na terraza. “Quer para festas quer para celebracións especiais, gústame decorar a gran mesa que teño fóra. De feito, sempre busco calquera escusa para facer comidas familiares”, coméntanos esta experta. Se che acontece o mesmo, anímate e pon en práctica os consellos de decoración de exteriores de Yvonne!  

Como montar unha gran mesa 

Non é necesario ter unha mesa moi grande se non a vas usar acotío. Podes improvisar e montar unha mesa con taboleiros de madeira vellos e uns cabaletes. É moi doado recollela se despois necesitas despexar o espazo e resulta unha opción económica que che servirá para toda a vida.  

Para a decoración da mesa, optar por unha combinación de diferentes vaixelas é unha bonita maneira de exhibir os teus pratos antigos ou calquera outra reliquia familiar, como a cristalería ou os cubertos. Podes xogar con formas, estampados e xeometrías diferentes, pero para a base opta por un enxoval sinxelo e monocromático. Logo podes engadir a nota de cor cunha vaixela de flores. Este consello tamén che sirve para a cristalería. Os vasos e as copas poden ser de xogos diferentes. Non che parece que neste caso quedan fenomenal?

Outra das ideas de Yvonne é dar vida á mesa con alimentos de cores. Así, conseguirás gañar aos convidados polos ollos, ademais de polo estómago.  "Algúns alimentos son bonitos e decorativos. A granada dá ás ensaladas un aspecto fantástico", coméntanos a blogueira. 

Detalles naturais

toques especiais ás cousas de uso cotián. Mete unhas cantas follas de menta nunha botella de auga e déixaa no frigorífico durante unha hora aproximadamente para que a auga colla todo o seu sabor.

Aposta pola sinxeleza.

"Na nosa casa, na que predominan os tons brancos e crema, respírase un ambiente de tranquilidade", explica Yvonne. "Eu engádolle algúns estampados clásicos ou de cores (flores, cadros vichí, etc.) para darlle un toque persoal". 

Orixinalidade na mesa

Dá un toque especial á mesa poñendo cousas orixinais (anacos de lima nun tarro, flores nunha cunca de té, etc.). Despois, se sobran anacos de lima, ponlle a tapa ao tarro e gárdao no frigorífico.

Gústame decorar a mesa con adornos sinxelos. Impresionan a todo o mundo".

Yvonne, blogueira especializada en decoración de interiores

Combina diferentes tecidos

No canto de poñer un único mantel, cubre a mesa con varios tecidos de diferentes tamaños ou estampados. Non esquezas poñer coxíns cómodos nas cadeiras de madeira duras. 

Vintage e rústico

Combina produtos de estilo tradicional e románico, como os pratos co bordo decorado, con elementos de aspecto informal e natural, como os nosos pousavasos de cortiza, as culleres de madeira e os tarros de cristal. "Coa imperfección conséguese a informalidade", comenta Yvonne.

Flores de xardín

Proba a facer un arranxo floral cortando algunhas flores do xardín. "As flores sempre quedan ben e ulen de marabilla; utilízaas para realzar a túa presentación de mesa", propón Yvonne. 

Mira o vídeo de Yvonne, no que verás como crear un escenario perfecto ao aire libre paso a paso!

Gustouche? Non perdas estas ideas!

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.