Prepara a túa casa para as vacacións
Evita unha lista repleta de cousas que facer en decembro organizando o teu espazo con antelación. Pensa dúas veces o que é esencial e mantén o estrés á raia centrándote en áreas clave. Ensinarémosche como facelo cos nosos sete sinxelos consellos.


1. Simplifica a socialización e prepárate tanto para grandes ceas familiares coma para convidados espontáneos. Colga as cadeiras na parede ao lado do teu comedor (nós usamos ganchos en forma de cadeiras). Desta forma, poderás collelas doadamente cando che fagan falta máis asentos (ademais de facilitar a limpeza do chan).
3. Crea un espazo de quita e pon para socializar cunha mestura de mobles lixeiros, amontoábeis e doados de mover que poderás sacar rapidamente cando che fagan falta asentos adicionais. Ese espazo que deixas libre cando non está en uso daralle á túa casa unha sensación de amplitude e con menos desorde.
4. Dá unha benvida con estilo aos teus convidados cunha almacenaxe intelixente que aproveita ao máximo o teu espazo na parede. Este estante é o suficientemente pequeno como para usalo en espazos mortos e pódenselle engadir soportes adicionais. Engade un toalleiro, ponlle unha cadea de luces e pum! O teu vestíbulo quedará moi acolledor e ordenado.
5. Os teus convidados inspeccionarán o teu baño, iso seguro! Dálle unha atmosfera fresca e acolledora cunha mestura de candeas perfumadas (nós usamos as de olor a liño: imaxina unhas sabas secando nun día de verán). Pon montóns de toallas de man ben dobradas nun estante listas para os teus convidados.
7. Reúne todos os teus xogos e crebacabezas nun soporte práctico e lixeiro, que sexa doado de sacar cando toque noite de xogos. Aquí usamos un soporte de revistas de aceiro. Garda as tarxetas e os dados para que sexan doados de encontrar e ordénaos en diferentes caixas con tapas. Alguén quere xogar ao xadrez?
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Mia Gustafsson
Fotografía: Micke Persson
Texto: Anna Blom
Deseño de interiores: Mia Gustafsson
Fotografía: Micke Persson
Texto: Anna Blom