Saltar

6 pratos cos que aforrar diñeiro e comer ben

A costa de xaneiro xa está aquí e, tras as celebracións do Nadal, é posible que toque reducir gastos. Para logralo, é fundamental pór o foco naquilo que consumimos a diario. Por iso, nesta ocasión imos darche varias ideas de pratos económicos que che permitirán aforrar e comer ben a partes iguais. 

Comer rico e saudable é perfectamente compatible co aforro. A clave é seleccionar bos alimentos e axustar as cantidades para non desperdiciarmos nada. Por suposto, no caso de que sobre, hai diferentes opcións para gardar a comida e conservala no mellor estado posible ata que poidas consumila. Xa sexa na neveira ou no conxelador, o noso consello é que elixas recipientes de boa calidade, preferiblemente de vidro, que non absorben cheiros, e que teñan unha tapa hermética ou con efecto baleiro para protexelos correctamente.   

Dito isto, vamos cos pratos! 

1. Medallóns de verduras con salsa de iogur e ensalada 

A primeira proposta é unha opción moi sinxela e saudable. Trátase dos nosos medallóns GRÖNSAKSKAKA, feitos a base de pataca, brócoli, porro, cebola e queixo. Nós propoñémoscho como primeiro prato xunto a unha deliciosa salsa de iogur e unha ensalada, ideal se buscas un prato vexetariano, pero pode funcionar perfectamente como acompañamento para carnes ou peixes.

Como están conxelados, só terás que quentar os que vaias consumir e gardar os que non, de forma que poderás axustar perfectamente a cantidade segundo as persoas que sexades e non desperdiciar nin un bocado.   

En canto á salsa, poderás facela na casa cun iogur grego natural, especias (pementa negra, allo en po…), sal, un chisco de limón e algunha herba picadiña, por exemplo, aneto. Se non tes iogur grego, podes empregar iogur normal e engadirlle un chisquiño de aceite de oliva virxe extra para que colla máis corpo. Pon cantidades ao gusto, mestura ben, e listo! É ideal como punto de unión entre os medallóns e a ensalada. E o mellor é que conseguirás un toque digno dun restaurante sen saíres de casa e por moi pouco diñeiro.  

2. "Kebab" vexetal con albóndegas de verduras 

Se es fan do kebab, propoñémosche unha opción máis económica e sostible que, ademais, poderás facer en casa nun airiño. Para iso, só precisarás o noso preparado para pan KNÅDA, as albóndegas vexetais HUVUDROLL (que, ademais de saborosas, teñen unha pegada de carbono moito menor que as de carne) e verduras ao gusto que teñas na casa. A nosa recomendación para que o resultado sexa máis rechamante e nutritivo é que enchas o kebab de verduriñas de diferentes cores, como remolacha, coliflor, cenoria ou espinacas.  

Para preparares o pan, o único que terás que facer será engadir 200 ml de auga morna e 50 ml de aceite á bolsa, amasar, dividilo en racións (pódense facer ata 6) e cociñar na tixolaTeralo listo sen apenas manchar pratos

O seguinte paso será cociñar as albóndegas de verduras. Están conxeladas, así que poderás coller a cantidade que precises e conservar o resto. Podes preparalas en microondas, no forno ou na tixola. Como prefiras! Unha vez feito isto, só quedará montar o kebab xunto coas outras verduras para conseguires un prato ben rico. Podes aderezalo con salsa de iogur como a da receita anterior ou calquera outra que che guste ou que teñas por casa: tomate, ketchup, mostaza… Haberás repetir! 

3. Tosta de arenque mariñado

Que hai máis socorrido e duradeiro que os alimentos en conserva? Son un básico da despensa, moi nutritivos e que nos poden vir moi ben cando non temos moito tempo para cociñar. Neste caso recomendámosche SILL INLAGD, os nosos arenques mariñados con cebola e cenoria, pero podes utilizar calquera outro peixe en conserva que teñas na casa, como sardiñas, bonito ou xarda. 

En IKEA, apostamos pola sostibilidade, polo que o noso arenque SILL INLAGD cumpre co estándar internacional MSC. Isto significa que provén dunha pesca máis sostible que coida tanto da nosa saúde como da do planeta. Que che parece?

Para crear este prato, que pode servir para picar algo a media mañá, como entrante ou como merenda, precisarás o seguinte: pan torrado, queixo crema, pataca cocida, pescado en conserva e aneto ou outra herba aromática.

O primeiro será untar unha capa de queixo ao gusto, logo colocar unha cama de patacas cocidas e salpementadas, despois o pescado e, finalmente, un toque de aneto. Que che parece? Con ingredientes moi sinxelos e de forma rápida, terás un prato rico en nutrientes para seguir co día.   

4. Albóndegas de salmón e bacallau con puré de patacas

A base deste prato será o puré de patacas, unha receita básica que pode acompañar unha chea de pratos e que é tan sinxela como cocer unhas patacas, salpementalas e mesturalas cun pouquiño de manteiga e leite ata conseguir a textura desexada. Se che gusta máis líquido, podes engadirlle auga.  

Este tipo de puré, pola súa suavidade, combina á perfección con sabores máis destacados, como o do peixe. Por iso, eliximos as nosas albóndegas de salmón e bacallau que, como no caso das vexetais, están conxeladas e podes cociñalas no microondas, na tixola ou no forno. Ademais, debes saber que cumpren co estándar internacional do MSC sobre sostibilidade e o estándar global ASC de acuicultura responsable.  

Unha vez que as teñas cociñadas, só terás que servilas quentiñas sobre o puré e engadirlle algunha herba aromática para rematar. En moi pouquiño tempo terás un prato de dez! 

5. Barriñas de muesli  

Se necesitas algo para picar que che dea enerxía e por pouco diñeiro, as barriñas de muesli poden ser unha grande opción. Nós propoñémosche que as prepares na casa coa nosa mestura de granola HJÄLTEROLL. Está feita ao forno e contén unha base de avena, flocos de trigo e centeo, ademais de noces e bagas deshidratadas.  

Podes tomala tal e como vén ou mesturándoa con iogur, leite e/ou froita, pero nesta ocasión imos explicarche como facer barriñas, que son moito máis prácticas para levares ao traballo ou ao colexio. Para iso, ademais do muesli, precisarás 2 plátanos e 4 culleradas de pasta de dátiles ou mel.  

O primeiro que terás que facer será esmagar os plátanos cun garfo e mesturalos coa pasta de dátiles ou o mel, ata conseguir unha mestura homoxénea. Despois, terás que repetir o proceso co muesli. 

Unha vez feito isto, o seguinte paso será colocalo nun recipiente apto para forno con papel e enfornalo durante 25 minutos aproximadamente, a 180º. Cando estea listo, divídeo nas porcións que desexes. Xa só queda dar conta del! 

6. Porridge con cacao e froitas 

Queres un almorzo bo, bonito e barato? Entón isto é para ti! Só precisarás auga, flocos de avena, cacao en po e froitas ao gusto. Se optas pola nosa avena HJÄLTEROLL, que tamén leva sementes e quinoa, só terás que mesturar 100 ml dos cereais con 150 ml de auga e quentalo todo no microondas durante un minuto e medio ou dous minutos, a máxima potencia. É posible que teñas que remexer de cando en vez ata conseguires a textura desexada para as papas ou porridge

Cando as teñas, engádelles unha culleradiña de cacao en po e volve mesturar. Como ingrediente final, ponlle froitas. Nós optamos pola laranxa e a granada, pero tamén funcionaría xenial con plátano, mazá ou amorodos, entre outras, así que escolle as que teñas á man. Como comprobarás, é un almorzo quentiño e cargado de nutrientes, ideal para facerlle fronte ao frío de xaneiro.  

Que che pareceron estes pratos? Esperamos ter axudado a que a costa de xaneiro sexa un pouquiño máis levadía e, sobre todo, lembra que, escollas as receitas que escollas, é fundamental que conserves os alimentos de forma axeitada para que non se estraguen.  

Como extra, deixámosche unha selección de artigos sobre o tema que poden ser útiles para optimizares ao máximo as túas comidas. Tanto o teu peto como o planeta haberancho agradecer. 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e os cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou utilizar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.