Planifica a túa comida da semana sen desperdiciar nada
Viviches algunha vez ese momento terrible no que abres o frigorífico e... vaia! Algún alimento mutou en algo irrecoñecible!? Non permitas nin un só descoido máis. Aproveita a comida ao máximo e evita que se estrague. Ensinámosche o método infalible para non desperdiciares comida. Queres saber cal é? Sigue lendo!
Menú semanal para comer mellor e tirar menos comida
Cando levamos unha vida apurada ou, simplemente, tivemos un deses días frenéticos, o que menos nos apetece é ter que pensar e preparar a comida do día seguinte. A que si?
Normalmente, o que facemos é abrir o frigorífico, mirar catro produtos básicos e improvisar unha mestura que non tardemos moito tempo en cociñar. E, cal é o problema de todo isto? Pois dúas cousas: primeiro, acabamos comendo peor e segundo, non controlamos ben a frescura dos alimentos e, por desgraza, algúns deles visitan o caldeiro de lixo no canto do noso padal.
Solución? Algo tan sinxelo como planificar o noso menú para a semana ou, como algunhas persoas lle chaman,, pasar á tendencia do batch cooking. Con isto poderás aproveitar mellor a comida, gastar menos diñeiro na compra, aforrar tempo para ti e os teus e, por suposto, gozar de pratos doados e deliciosos como o primeiro día.
Friameiras herméticas para manter os alimentos frescos
Antes de planificar o menú semanal, asegúrate de ter os recipientes adecuados para gardar os pratos no frigorífico. Recomendámosche que sempre escollas envases de cristal. Conservan mellor a comida sen alterar o seu sabor e evitas a contaminación do alimento que xera o bisfenol, un tóxico que teñen algúns recipientes e outros produtos de plástico (non te preocupes, os nosos recipientes e tapas non o conteñen). Coidarás a túa saúde e a do planeta!
Non nos gusta chufar, pero… os envases de alimentos IKEA 365+ son excelentes para estes casos. Ademais da variedade de tamaños dispoñibles, evitaranche ter centos de recipientes na cociña porque, con eles, podes tanto cociñar no forno como conservar os pratos no frigorífico. Ah! E tamén che serven tanto para o microondas como para o lavalouzas. Son perfectos!
Dille "adeus" á desorde e ao desperdicio de alimentos e saúda a comida saudable e deliciosa todos os días da semana.
Xa non sabes como gardar as friameiras? Preme o vídeo e toma nota destes consellos rápidos sobre como ordenalos facilmente.

Planifica a comida e estira o teu orzamento
Para non tirar comida, o mellor é que reserves un día á semana para facer un esquemiña do que vas comer e, polo tanto, do que vas cociñar. Podes planificar as comidas, que adoitan ser as conflitivas, e ter máis flexibilidade nas cenas.
Non fai falla que fagas toda a comida dunha sentada, especialmente se che preocupa o espazo no frigorífico. Se preparas dous ou tres días, xa notarás unha diferenza considerable tanto en aforro de tempo como de comida.
Un consello: se sodes varios na casa ou queres adiantarte ao que poida pasar, cociña en grandes cantidades e garda no conxelador algunhas racións dos pratos (resultarache máis doado se o fas con friameiras cadradas amontoables). Por exemplo, pode resultarche moi útil para bandexas de carne ou pescado. Así non as deixas abertas no frigorífico durante días e evitas que se estraguen. Se non, sempre é bo momento para comprar a granel (sobre todo se só cociñas para ti) e asegurarte de que compras só o que necesitas. Gastarás menos e comerás igual de ben!
Menú semanal para levar a comida
Outra vantaxe de planificar a comida é que che resultará máis doado preparar pratos para comer fóra da casa, xa sexa para comer na oficina ou, simplemente, para un día de pícnic. Xa non haberá escusa para non comer ben!
Para transportar os alimentos, non hai nada como unha friameira con accesorios para que non se mesturen os sabores que non deben. Méteo todo nunha bolsa refrixerante para que aguante todo á perfección (se queres, podes engadir un bloque refrixerador para que estea todo aínda máis fresquiño e aguante máis tempo) e listo!
Sabes que a colocación dos alimentos no frigorífico é fundamental para que se conserven mellor e duren máis tempo? Descubre como organizar correctamente o frigorífico en menos dun minuto.

Menos residuos e mellor clasificados
Cando planificas a túa comida e adoptas pequenos hábitos sostibles, estás evitando que se xere máis lixo do necesario e, grazas a iso, tamén terás beneficios adicionais. Como cales? Por exemplo, se compras a granel, podes volver encher os teus propios redes para non ter que recorrer ás convencionais de plástico. Outro exemplo: un día podes preparar un caldo de verduras ou de carne cos restos de peles e osos que pelases ou fileteases para outras comidas. Así aprovéitalo todo ao 100 %!
Porén, non todo é marabilloso e perfecto e, por iso, somos conscientes de que non é posible evitar que se xeren residuos ao 100 % (oxalá!), pero o que si que podemos facer é ordenalos adecuadamente para que non nos ocupen tanto e, ademais, reciclemos correctamente.
Se tes espazo, reserva un caixón baixo para crear unha solución de clasificación de residuos. Coloca os que poidas! Nós apostamos polos da nosa serie HÅLLBAR. Ademais, se o caixón é extraíble, aproveitarás aínda máis o espazo.
Cultiva a túa propia comida!
Cando se trata de reducir a factura da compra, todos os aforros axudan, por pequenos que sexan. Así que, por que non comer algo dá túa propia colleita?
Cultivar é un pasatempo fantástico porque non só che permite aforrar uns euriños, senón que che da a posibilidade de comer de xeito máis saudable e descubrir unha preciosa rama da xardinería e o cultivo. E, se tes nenos na casa, seguro que están tolos por axudarche!
Sabes que? Os restos do lixo orgánico (como as mondas das verduras e froitas, cascas de ovos, pousos de café…) son un abono natural excelente para o teu horto urbano. É o que se coñece como compost. Só necesitas un contedor ben ventilado (cunha tapa para controlar o forte olor da fermentación), unha zona escura para instalalo, serraduras e restos dos alimentos. Coidado! No toda a comida serve. Evita engadir produtos que poidan podrecer, tales como lácteos, zumes, restos de carne e pescado, así como produtos que poidan conter tóxicos, como o papel pintado.
E listo, sigue estes consellos e verás como, pouco a pouco, tiras máis proveito da comida e gañas tempo e diñeiro. Aproveita ata o último ingrediente con estas ideas!
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.