6 plans sen saír da sala de estar para aforrar cartos e non te aburrir
A túa sala de estar é un espazo con múltiples vidas, plans, opcións e alternativas. Na túa sala de estar tes paz e tempo para ti e os teus. Por iso queremos lembrarche que tes moitísimas posibilidades sen sequera saír dela. Neste caso, propómosche 6 plans para facer na túa sala de estar, só ou na compaña da túa familia, cos que ademais poderás aforrar diñeiro.
Dedícate tempo para estar na casa e gózao ao máximo!
1. Un concurso de petiscos coa familia
Cociñar é un entretemento en si mesmo: unha excelente idea! A pesar de sermos conscientes de que hai quen o ama e quen o odia, do que tamén estamos seguros é de que a todo o mundo lle gusta un bo concurso de petiscos para competir con todos os membros da familia.
Este é o plan: cada participante ten que preparar un petisco cociñado por si mesmo. Ide sacándoos e probándoos un a un ou todos á vez. Podedes servilos en fermosas bandexas para darlle un aquel máis rechamante, como auténticos chefs! Despois teredes que puntuar o voso favorito e descubrir quen fixo que. Quen gañará?
A comer!
2. Tarde de videoxogos ou de películas
Xa que estamos coas competicións, que tal unha con videoxogos? A tecnoloxía non debe ser unha escusa para non pasar tempo cos nosos. Ademais, de vez en cando, é unha forma estupenda de entreterse e pasar tempo xuntos. Así que vamos aló! A xogar!
Non te preocupes se algún membro da familia non ten nin idea: o importante é pasar un anaco divertido sen saír da casa. Sentade comodamente, collede un mando cada un e aprendédevos os uns aos outros.
Outra opción é unha maratón de películas. Si, si, desas con 3 ou 4 filmes que podes ver un atrás do outro sen parar.
Ademais, podedes acompañar calquera destes plans cunha merenda preparada entre todos e mesmo combinalo coa primeira proposta de concurso de petiscos. Viches cantos planes podes organizar sen saír da casa?
3. Creatividade na sala de estar: a pintar!
Sabemos que é complicado dispor dun espazo na casa onde espallarmos a nosa creatividade en forma de brocha e pintura. Mais seguro que a sala de estar, aínda que sexa pequena, ten un recuncho no que poderedes acomodarvos para debuxar.
Aos nenos encantaralles este plan sen saír da casa que, ademais de telos entretidos durante moito tempo, fomenta a súa creatividade e imaxinación.
Iso si, lembra que se ides pintar, deberedes cubrilo todo con papel de xornal e plásticos se non queredes que o que acabe pintado sexa a propia sala de estar. Por que non te unes aos cativos ou te animas a liberarte por medio da pintura? Un lenzo e a túa imaxinación serán todo o que precisas para pasar un día de dez sen saír da casa. Cando o teñades preparado, poderedes poñelo nun marco e colgalo para que todo o mundo admire a vosa obra.
Ademais, convidámoste a descubrir neste vídeo a importancia de fomentar a creatividade no fogar.

4. Deporte sen saír da sala de estar
Facer deporte é un dos mellores plans para facer na casa. E sabemos que é perfectamente posible... comprobámolo ben o ano pasado! Por iso, convidámoste a practicares deporte só ou en compañía. Tamén recomendamos que escollas o deporte que vaia acompañarte a diario, segundo premisas tan sinxelas como estas:
- se o estrés, a ansiedade ou a anguria están a piques de poder contigo, adica algo de tempo a unha aula de ioga, pilates ou meditación en liña. Sentiraste moito mellor ao acabar.
- Se che sobra enerxía e necesitas activarte, non o dubides: opta por unha serie de exercicios de cardio ou de forza, pero sempre con xeito. Se podes seguir unha aula en liña, moito mellor.
- Precisas un algo de positividade para afastar os malos pensamentos? Por que non unha aula de baile só ou en familia? Poñede a música a tope e... a bailar! Non é preciso seguir ningunha regra, estás na túa sala de estar! Aquí, non hai restricións.
5. Reserva tempo para coidarte
Reservar tempo para nós é un plan que ás veces pasamos por alto. Onde encaixamos o noso autocoidado? Onde entra o tempo que dedicamos a querernos e facer aquilo que nos gusta? Dedica unha mañá, unha tarde ou todo un día a facer diferentes actividades que che gusten sen moverte da casa: ler, escoitar música, coser, coidar das túas plantas, coidar a pel, o pelo ou o corpo en xeral... Evita todo o que sexan pantallas, dáte un respiro tecnolóxico.
Neste mesmo plan de dedicar tempo a ti mesmo podes escribir historias ou reflexións, xa for nun caderno e deixándoo para ti ou abrindo un blog para amosarlle ao mundo os teus sentimentos.
Crenos se che dicimos que escribir é unha excelente terapia que nos serve para desfacernos do estrés, aprender a expresarnos mellor e xestionar as emocións.
6. Un día de xogos cos nenos pasa voando!
Podedes xogar a xogos de mesa, ás películas, cociñar todos xuntos, ler... Pasar tempo cos nosos fillos, xogar con eles e fomentar a súa creatividade axudará incriblemente ao seu desenvolvemento. E a sala de estar é un lugar idóneo para xogar!
Desde IKEA recomendámosche calquera xogo que fomente e desenvolva a súa creatividade e imaxinación. Ademais, é perfecto para reencontrarse con ese neno ou nena que levas dentro. Encantaranvos!
Recomendámosche que non perdas este artigos se queres máis ideas de plans na casa, só ou en compañía.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.