Saltar

Pícnic fóra da casa

Cando chega o bo tempo e temos máis horas de luz para aproveitar o día, a ocasión préstase para buscar calquera escusa ao aire libre e gozar tanto en familia como con amigos. 

Cando as cousas se poñen difíciles, o primeiro no que se recorta é no tempo de lecer; pero iso non significa que non se poida gozar dunha gran variedade de plans. Dende IKEA propoñémoste un dos máis accesibles e que sempre triunfa: montar un día de pícnic por moi pouco. 

Detalle de cativos xogando ás cartas sobre unha manta de pícnic nun xardín.
Detalle de cativos xogando ás cartas sobre unha manta de pícnic nun xardín.

Praia, piscina, xardín ou montaña? O primeiro é elixir un lugar 

Gozar da natureza xunto coa deliciosa comida é a combinación ideal para que o plan saia á perfección. Recomendámosche elixir un lugar tranquilo e amplo, que teña tamén espazos de sombra. Saír do barullo da cidade ou da zona onde vives habitualmente é unha opción excelente. Por exemplo, podes buscar un parque local ás aforas, algunha praia, espazos naturais destinados a esta actividade ou algún xardín. Seguro que mentres lías isto, recordaches un lugar para levalo a cabo.  

Goza dunha comida deliciosa ao aire libre

Sen dúbida, a comida é a protagonista deste día. Se decides facelo fóra da casa, opta por receitas que se poidan transportar facilmente. Algo indispensable para gardar todas as cousas que precises é unha bolsa como NÄBBFISK, que está dispoñible en dous estilos e é espazosa e cómoda de levar. Seguramente, haberá alimentos que teñan que conservar o frío, e quererás que as túas bebidas favoritas estean ben frías, polo que precisarás unha bolsa que manteña a refrixeración. 

Unha vez que teñas a comida lista, hai que pensar en como transportala. Recomendámosche que leves os aperitivos ou entrantes en friameiras con tampa; deste xeito, xa terás como servilos no pícnic. O ideal é transportar os pratos principais en botes herméticos con tampa para evitar que a comida saia por fóra.

Se o café forma parte do teu día a día e che gusta tomalo quente, o termo será o teu mellor aliado para tomar unha cunca de café en calquera momento do día de pícnic. 

Crea un ambiente especial e acolledor 

Agora é o momento de preparar o espazo ao teu gusto para que a experiencia sexa agradable. Xunto coa comida, a manta de pícnic é outra das protagonistas deste plan. Unha boa opción é STRANDÖN, xa que permite sentarvos arredor dela e gozar dun delicioso almorzo sen renunciar á comodidade. 

Aquí tamén toca poñer a mesa á hora de xantar. Recomendámosche levar pratos e cubertos que sexan lixeiros, fáciles de amorear, reutilizables e que poidan usar os cativos.  

Durante o día de pícnic, é importante hidratarse ben e beber líquidos. Se queres levar algunha bebida que preparases na casa con froita fresca ou herbas, temos algo que será o protagonista do pícnic: o tarro con billa NÄBBFISK. Un artigo indispensable fácil de transportar grazas á súa asa.

Os plans e os xogos deixámolos á túa elección. Un clásico que nunca falla é un altofalante como VAPPEBY, para poñer ritmo ao día de pícnic. 

Un día de pícnic pódese prolongar se quedades a ver o solpor. Recomendámosche que non esquezas algún punto de luz para cando escureza. Unha grilanda LED como LEDLJUS ou un farol como SOLVINDEN crearán un ambiente acolledor para iluminar o solpor.  

Sabemos que agora tes máis ganas de montar un pícnic. Xa tes todo o necesario para organizar o plan, así que che recomendamos que fagas unha listaxe con todo e que vaias riscando para non esquecer nada. Só queda elixir o día e gozar da experiencia.