Pasiños cara un mundo mellor
"Podes exercer un impacto positivo no clima na maioría dos aspectos do teu día a día", di Joanna Yarrow, directora de vida saudable e sustentable de IKEA. O novo movemento "Un mundo mellor comeza na casa" ensínanos que xuntos podemos marcar a diferenza.


Actuarmos xuntos
"A sustentabilidade pode parecer un obxectivo inalcanzable", di Joanna. "Coa vida cotiá como punto de partida, analizamos como traballar xuntos para exercermos un impacto positivo". O obxectivo de "Un mundo mellor comeza na casa" reforzar e capacitar. "Descubrimos que é posible reducir á metade a pegada de carbono utilizando o que xa temos á man. Un primeiro paso sería, por exemplo, usar algodón de IKEA, porque é 100 % de orixe sustentable".
Hai moitas maneiras sinxelas de marcar a diferenza. Pechando a auga mentres lavas os dentes podes aforrar ata 40 litros de auga ao día".”
Joanna Yarrow, directora de vida saudable e sustentable de IKEA
A elección consciente
A primeira vaga do movemento céntrase na acción climática. "Conversamos con persoas de 14 países sobre acción climática e a relación que teñen con ela", di Joanna. "A preocupación e as ganas de actuar eran palpables, mais moitas persoas non sabían que facer. Queremos axudar a acadar unha vida mellor dentro dos límites do planeta, por medio do coñecemento, de produtos, servizos e percepcións".
Non podemos resolvelo todo, mais hai moitas cousas que podemos facer xuntos. E moitas accións positivas teñen unha vantaxe: fannos aforrar tempo, cartos e melloran o noso benestar".”
Joanna Yarrow, directora de vida saudable e sustentable de IKEA
Hábitos máis saudables para todos
"Cando acadamos algo, sentímonos ben. Experimentas os beneficios, e iso é motivador", di Joanna. IKEA FAMILY está a organizar obradoiros en tenda para compartir consellos prácticos e aprender xuntos, como os de cociña de aproveitamento, con receitas para transformar restos en comidas deliciosas, ou os específicos da estación do ano, con consellos que teñen en conta o clima e a carteira para adaptar a túa casa ás estacións.
Uso o kit hidropónico KRYDDA VÄXER para cultivar leitugas e verduras na casa. Así aforro cartos e consigo produtos frescos, sen desperdiciar comida nin embalaxes".”
Joanna Yarrow, directora de vida saudable e sustentable de IKEA
Introdución
"Hai unha ampla gama de produtos que non prexudican o clima e que permiten exercer un impacto positivo", di Joanna. "Desde utilizar iluminación LED de longa duración, ata cociñar nunha placa e indución, cultivar a túa propia comida e optar polas billas de IKEA, que che permiten reducir o consumo de auga ata nun 40 %. Todas esas son formas concretas de actuar. Todas estas accións suman, ningunha delas é radical nin prescindible".
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Comproba en liña que obradoiros de IKEA FAMILY se están a realizar na túa tenda local.
Fotografía: Dan Duchars (foto 1), Kille Enna (fotos 3 e 5)