Pan de xenxibre: o primeiro sabor do Nadal
Xunta á familia e aos amigos! É decembro, así que chegou o momento (case) obrigado de facer pan de xenxibre.


Unha tradición que comeza cedo
É ao que saben as vacacións de Nadal para moitos escandinavos. O pan de xenxibre vense facendo desde hai séculos, e hogano é unha tradición ben asentada. Adoita comerse en galletas pequenas e crocantes que se fan en familia na casa. Para moitos nenos, a súa primeira incursión na cociña é axudando a facer pan de xenxibre (probando convenientemente a masa).
Pan de xenxibre de todas as formas e tamaños
Unha vez que se estende ben a masa co rodete, é hora de empregar os cortapastas. (o nome sueco é "moldes de pan de xenxibre"). Acéptanse axudantes de todas as idades. A masa é moi flexible e fácil de manexar, polo que, se unha figuriña non sae ben, é moi fácil repetila.
Constrúe a túa propia casa
Para o centro de mesa, non hai dúbida: unha casiña de pan de xenxibre. Alicerzada con xarope e decorada con glasa, é robusta dabondo como para durar todo o Nadal. Pero ao estar tan rica, tamén é certo que pode ser que vaia perdendo pezas… O tema, a arquitectura e o nivel de ambición xa son cousa túa. Bo cociñado!
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.