Os agradables froitos da horticultura doméstica
Cultivar plantas é un pracer. E se son comestibles, mellor aínda. Garda o mellor para o final, literalmente. Observa como podes cultivar, gozar e compartir os teus alimentos cultivados na casa.


Logo de plantar e cultivar, é a hora da colleita
Hai pouco que analizamos os efectos secundarios positivos da xardinería doméstica. Primeiro, os aspectos táctiles do proceso da sementeira e da plantación e, despois, o benestar que produce cultivar e ver agromar as plantas (ligazóns a ambos na parte inferior). Se escolliches plantas comestibles, é o momento de recoller os froitos.
Moitas plantas, como as ceboliñas e os tomates, son perfectas para as apañar aos poucos (ao cortar os rebentos das herbas para atrasar a floración pódeselles mesmo prolongar a época). É como darlle un toque fresco e verde a unha comida ao día.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Elin Stierna
Fotografía: Fredrik Sweger
Texto: Henrik Annemark