Saltar

Organiza e esconde os xoguetes no salón.

Chamámolo «espazo para imaxinar e ter os xoguetes baixo control» e pensamos que é unha forma máxica e práctica de clasificar xoguetes no salón. As portas pechadas manteñen os xoguetes fóra da vista e dan un toque de pulcritude e serenidade. 

Armario PAX branco nun amplo salón, coas súas dúas portas brancas pechadas para que o cuarto resulte apracible e acolledor.
Armario PAX branco nun amplo salón, coas súas dúas portas brancas pechadas para que o cuarto resulte apracible e acolledor.
Empezamos desmontando o interior dun vello armario PAX (calquera armario serve), pero deixamos a barra para roupa. Incorporamos papel de parede e suxeitamos o armario colocando algúns estantes de metal na parede. Mesmo fixemos un pequeno escritorio cun taboleiro, unha pata de mesa e un tallo. Puxemos moitos ganchos e caixas para mellorar aínda máis a organización e deixar todo á man.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Creado por
Decoración: Anna Cardell
Fotografía: Anna Hållams