Saltar

Ideas para un piso familiar con adolescentes

Se na túa casa hai adolescentes, xa saberás o que é convivir coa desorganización: a roupa amoreada nunha cadeira, libros e trangalladas fóra de lugar... Que che imos contar! Pero, quizais non é tan complicado se temos á man algunhas solucións de mobiliario, almacenaxe e complementos que nos fagan a vida un pouquiño máis doada a todos, non che parece? Mira estas ideas para un piso familiar con adolescentes ordenado e funcional no que se pode pasar tempo en familia.

Usa un cómodo puf como asento adicional para cando necesites espazo extra no teu salón. Proba o puf natural IKEA DIHULT!
Usa un cómodo puf como asento adicional para cando necesites espazo extra no teu salón. Proba o puf natural IKEA DIHULT!

“Conectar” entre vós!

Seguro que estades máis que afeitos a que cada un colla o seu dispositivo electrónico (tableta, móbil, ordenador...) e se ille no seu propio mundo. Os adolescentes encontran así unha vía de escape aos pais moitas veces, pero os “maiores” tampouco nos quedamos curtos!

As redes sociais e as mil e unha apps chegaron para quedarse, sabémolo. Pero podedes encontrar unha forma de usalas ao voso favor: sentarvos a xogar a algún xogo educativo que teñades na tableta, podedes ver a vosa serie favorita todos xuntos no ordenador, podedes recordar viaxes e momentos vividos xuntos vendo as fotos que tedes no móbil... Tecnoloxía e familia únense por unha boa causa!

Ademais, para facer todo este tipo de actividades, estes sofás con coxíns soltos son ideais para que se poida cambiar e adaptar doadamente o respaldo e a profundidade do asento dependendo de se queredes sentarvos, recostarvos ou directamente tombarvos.

Estantes para toda a familia

Os estantes para clasificar os libros e manter a orde na casa son fundamentais. Pero tamén hai que ser conscientes de que quizais a orde na librería acabe brillando pola súa ausencia ou que a decoración ou “as pequenas cousas que non sabemos onde poñer” rematen tiradas de calquera xeito en calquera parte. Por iso é tan importante contar cun estante que, ademais de bonito, sexa útil.

Elixe unhas cantas caixas ou cestas para intercalar nos espazos abertos, dentro das cales a desorde pode ser máxima, pero non se ve! Así os teus fillos poderán “tirar” dentro todo iso que doutro xeito estaría fóra, á vista. Co asunto de ordenar o interior, poñerémonos outro día...

Mobles flexibles para casas flexibles

Os mobles flexibles son a mellor alternativa para as casas de hoxe en día: nunca sabes o que vai pasar nin quen se vai presentar por sorpresa! Cos mobles flexibles podes “apañar” un sitio para os amigos dos teus fillos, que chegaron a merendar sen avisar, achegando, por exemplo, esta mesa cuns petiscos ao seu cuarto. Mentres, é ideal como mesiña de noite auxiliar no salón ou a cociña, verdade?

Igual sucede coas camas niño que podes introducir no cuarto dos teus fillos ou cos sofás cama ou as illas de cociña. Os mobles multifuncionais son a resposta a moitos dos problemas de espazo de hoxe en día no fogar.

Que tal un compartimento para cada un?

Os estantes que colocamos no salón tamén son ideais para que cada un teña o seu espazo ben definido e evitar discusións absurdas entre toda a familia ou entre os irmáns. Cada un pode ter os seus libros nun ou dous compartimentos concretos, cunha caixiña de almacenaxe para as súas cousas ou con arquivadores... A clave é ser ordenados!

Implica aos teus fillos na cociña, gustaralles!

Aínda que pareza que os teus fillos van por libre, estamos seguros de que se lles propós cociñar todos xunto o fin de semana non lles desgustará a idea. Se ademais contas cunha cociña ampla con illa, este espazo tamén será xenial para merendar todos en familia, axudarlles co estudo se o necesitan ou como simple lugar de encontro antes de cear.

Non esquezas o teu propio espazo de intimidade

Por suposto, non todo van ser os teus fillos nin adaptar as cousas para eles. Non esquezas coidar e mimar o teu propio espazo, de renovar a decoración do dormitorio de cando en vez, de encontrar o teu momento de paz e relax ao longo do día a día. É fundamental estar tranquilo cun mesmo para afrontar a rutina familiar coa mellor enerxía!

 

Como manter os armarios ordenados!

Sabemos que o armario dun adolescente pode ser unha auténtica leoneira , pero podedes encontrar solucións como as caixas que vos permitan clasificar e “ocultar” un pouquiño mellor o caos. Se o armario é compartido entre varios irmáns, podedes optar polas etiquetas que clasifiquen de quen é cada unha.